2016-06-10

O paso do tempo ...

               O paso do tempo é inevitable. Envellecer forma parte dese proceso e con el chega a perda de facultades ... Pois a levar gafas,

2016-04-21

O que fascina ...

                    Dous músicos que me fascinaron sempre foron Bowie e Prince. Hoxe o barqueiro levou tamén a este último. As razóns polas que me resultaban fascinantes non son obxectivables. Non o son polas mesmas razóns que, intimamente, temos e/ou aducimos para explicar que estivemos namorados de alguén nalgún intre da nosa vida. O que é indiscutible é que foron, son e serán uns músicos extraordinarios ...

2016-04-07

Partituras

                Espero partituras que veñen de Alemaña. O localizador non é moi específico: xa sairon do punto de orixe ...

2016-03-25

César Bona.

             Onte lin o libro de Bona " La nueva educación". Ao rematalo queda unha sensación de optimismo profunda, a pesares de tódalas dificultades que en sí mesmo posúe o noso sistema educativo. Quenes fan posible este milagre son aqueles mestres que en vez dificultades ven retos e quenes pensan que educar vai máis aló de facer probas para avaliar. Na vida escolar de cada quen sempre estivo un mestre con estas calidades; na miña e na de miña filla tamén. Grazas.