2014-04-28

Certidumes

              Se na miña vida existisen máis certidumes que dúbidas parecería outra persoa, tomaría outras decisións, disfrutaría de cousas que me satisfacen e que non fago, de seguro sería máis feliz ... Mais as dúbidas asolagan a miña persoa e xa non sei se son só incertidume ou queda algo máis no meu eu.

2014-04-27

Na encrucillada das europeas

               O pasado Xoves, tomando un café con C. e con D., acabamos falando das eleccións europeas. Eu comentei que non irei a votar e C. dixo que a miña postura era respetable pero que el iría xa que sabe quen non quere que o represente. Ese razoamento xa o puxera en práctica noutras eleccións mais como atraveso unha fonda crise, ao respeito da laboura dos políticos en xeral, por primeira vez non votarei. De seguro, que se poidese, os botaría.

2014-04-26

Que nos buscas ...

QUÉ NOS BUSCAS, oh mar con tus vólumenes
docentes. Qué inconsolable, qué atroz
estás en la febril solana.

Con tus azadones saltas,
con tus hojas saltas,
hachando, hachando en loco sésamo,
mientras tornan llorando las olas, después
de descalzar los cuatro vientos
y todos los recuerdos, en labiados plateles
de tungsteno, contractos de colmillos
y estáticas eles quelonias.

                                (...)


                          César Vallejo: Trilce.

2014-04-24

De marte ...

               Nos últimos tempos creo que son unha marciana porque, nesta busca persoal da miña desconexión do mundanal ruido, optei por quedar "dalgún xeito" fóra do circuito das redes sociais ata que o outro día precisaba ter facebook para estar informada das novas que se producen en torno á ANPA do colexio. Pois, inda que sempre me resistía, haberá que facer un novo plantexamento ao respeito destas cuestións.

2014-04-22

Quixen ...

              QUISE

QUISE MIRAR el mundo con tus ojos
ilusionados, nuevos,
verdes en su fondo
como la primavera.
Entré en tu cuerpo lleno de esperanza
para admirar tanto prodigio desde
el claro mirador de tus pupilas.
Y fuiste tú la que acabaste viendo
el fracaso del mundo con las mías.


                           Ángel González: Otoños y otras luces.

2014-04-21

Homes infinitos

               Os homes infinitos tamén existen no imaxinario individual das mulleres... Son nados dunha paixón profunda i encendida, dun sentimento que aparece sen saber como e cando xurde, da capacidade que temos de ficcionar para que cada día que pasa sexan outros seres coas pegadas do mellor, da habilidade que teñen eles para reinventarse, da ilusión que temos ao velos en cada unha das circunstancias, do descubrimento das marxes dos seus corpos, das olladas recíprocas e cómplices, dos tremores dos corpos, das verbas endexamáis pronunciadas pero recoñecidas ... Si, o home infinito tamén existe.

2014-04-20

GABO

               Esta mañá, tódolos xornais traian artigos sobre Gabriel García Márquez e todos recollían lembranzas de persoas que o coñeceron, que compartiron o seu tempo... A min gustóume especialmente o que foi  escrito por Alessandro Baricco.  Penso que, como el suscribe, lendo a García Márquez descúbrese:

   
                                  " (...) que os sentimentos poden ser repentinos, as paixóns devastadoras, as mulleres infinitas; que os arrecendos non son inimigos, as ilusións non son erros, e o tempo, se existe non é lineal: son tódalas cousas que non me deron como dotación cando me enviaron a vivir."

2014-04-18

R. L. Velarde.

               (...)

Me está vedado, cuando te fatigas
y se fatiga hasta tu mismo traje,
tomarte en brazos, como quien levanta
a su propia ilusión incorruptible
hecha al fantasma que renuncia al viaje.

              (...)

                      R.L.V: La sangre devota.

Gustaríame

              Gustaríame ás veces, ser coma unha gata que vai polos tellados e que non tivo dono...

2014-04-12

A realidade propón

              A REALIDADE PROPÓN SEMPRE SOÑOS,
       MAIS SÓ UN ENTRE MOITOS ESCOLLE A MIRADA...

2014-04-10

Os momentos do ser

               Quizáis el soñe igual coma o fago eu se me asomo á alfombra do mar; mais non me protexe ninguén a min. Tamén - xa sen os libros que deixei- pensei coma Virxinia Woolf en encher de peso os meus petos meténdome na auga cara a nada... E vou xuntando anacos de adoquíns que atopo nos meus paseos. Mais non me decido e os devolvo á cidade, a súas estradas que forman os momentos do meu ser.

Noutros rostros

               Hai moita xente que coincide ao dicir que nos rostros alleos recoñecen ós familiares. A min tamén me acontece: noutras faces creo ver a xente que coñezo, e remato pensando que, de seguro, ten que ver sempre co íntimo desexo que hai en min de voltar a velos.

2014-04-09

Erros

               Levo toda a semana cometendo erros sen querer. Erros cando escribo, cando vou no coche, cando realizo algunhas tarefas cotidiáns... Mentalmente estou noutro planeta e logo empéñome en estar pendiente do meu propio corpo e iso tampouco axuda.
               Estou a laiarme dos meus erros e só cabe pensar que todos os cometemos. Incluso a sabiendas. Como cando lle escribo a alguén, que noutro tempo corrixeu o meu modo de expresarme facéndome bastante gracia. Eu espero que volte a facelo mais non o fará.

2014-04-08

Analxésicos

               Menos mal que existen pílulas para toda clase de dores, as físicas e as da alma, xa que de outro xeito sería imposible que nos movésemos, ás veces, ao longo do día ... A farmacopea é a nosa táboa de salvación.

2014-04-07

Esta tarde

               Esta tarde, fronte a ti, nos ollos sinto algo que te mira e non son eu ...

A pel marmórea

A núa e marmórea pel
que visita outras mornas...


                (...)


A túa pel que habitou,
esvarándose paseniñamente nos periplos cara a Ítaca,
noutro tempo,
                     nalgures,
                                   de nordés
armada,                                                                                               
dicindo verdades
                     e argallando ficcións.


               (...)
                                  

2014-04-04

Ítaca II

            Retorno a Ítaca lembrando os acontecementos dos derradeiros tempos, pensando que todo é posible cando ti estás, sabendo que o eterno retorno está colgado nunha quimera e que outros empéñanse en vivir na repetición da repetición de maneira cotidiá; imaxinando o inconfesable...
           Retorno cara a Ítaca.

2014-04-02

Por dignidade

               Todos deberiamos mobilizarnos para esixir que algunhas cousas funcionen por e con dignidade inda que moitos prefiren contemplar a realidade desde fóra e non implicarse.