2016-06-10

O paso do tempo ...

               O paso do tempo é inevitable. Envellecer forma parte dese proceso e con el chega a perda de facultades ... Pois a levar gafas,

2016-04-21

O que fascina ...

                    Dous músicos que me fascinaron sempre foron Bowie e Prince. Hoxe o barqueiro levou tamén a este último. As razóns polas que me resultaban fascinantes non son obxectivables. Non o son polas mesmas razóns que, intimamente, temos e/ou aducimos para explicar que estivemos namorados de alguén nalgún intre da nosa vida. O que é indiscutible é que foron, son e serán uns músicos extraordinarios ...

2016-04-07

Partituras

                Espero partituras que veñen de Alemaña. O localizador non é moi específico: xa sairon do punto de orixe ...

2016-03-25

César Bona.

             Onte lin o libro de Bona " La nueva educación". Ao rematalo queda unha sensación de optimismo profunda, a pesares de tódalas dificultades que en sí mesmo posúe o noso sistema educativo. Quenes fan posible este milagre son aqueles mestres que en vez dificultades ven retos e quenes pensan que educar vai máis aló de facer probas para avaliar. Na vida escolar de cada quen sempre estivo un mestre con estas calidades; na miña e na de miña filla tamén. Grazas. 

2016-03-02

Cabotaxe

              Nos meus mapas estou a facer cabotaxe pola liña costeira do teu corpo ...

2016-02-13

Tempo de papoulas ...

          Gustaríame voltar ao tempo das papoulas que compartimos ámbolos dous, moi lonxe de todo o narrado, máis alá das terras de Avalon ...

2016-01-18

O día máis triste do ano ...

          Parece que hoxe é o día máis triste do ano segundo un matématico aplicando ecuacións a unha realidade tan intanxinble como esta. Eu tamén podería dicir que tódolos días son tristes desde que non estas aquí e que alguén o pode demostrar cunha ecuación ...

2016-01-05

Tempo de irreflexivos ...

              Inda que pareza mentira estamos aloxados no tempo dos irreflexivos. Maior formación académica na maior parte da poboación, mais moita irreflexión; moita máis información ... e aumenta a desinformación sobre todas as cuestións que nos afectan; explicación da realidade mediante teorías conspiratorias ... Eu cada vez máis abraiada.