2014-09-07

Xente xenerosa

               Hoxe estiven cunha persoa marabillosa que ten moito que ver coa formación académica da miña filla. Hoxe foi xenerosa con nós porque nos agasallou co seu tempo de lecer para axudarnos a escoller un instrumento. Hoxe estou agradecidísima porque non todo o mundo ten este tipo de atencións cun alumno.
                Hoxe ...

2014-09-06

Pesas

               O meu fervello levaba tempo insistindo en que collese as pesas que andan pola casa e fixese exercicio. Onte o fixen i ela sentenciou: " (...) estás oxidada." E ten razón. Moitas gargalladas, por suposto.

2014-09-05

Intereses

               Co paso dos anos decátome de que, cada vez, a procura dos meus intereses é máis limitada: moitos dos asuntos que antes me fascinaban xa non importan case nada; o grupo de persoas coas que me gusta ter relación vai minguando; as aficcións cada vez máis reducidas ... mais, o pouco co que disfruto, faime realmente sentirme ben.

2014-09-02

Esa porta ...

               Esa porta non abre cara a ningún retorno mais está a punto de abrirse na parede final do mesmo soño; esa porta non é pregunta; é sentenza de chumbo ...      

2014-08-26

Voltar

               En canto apaceran as primeiras raiolas volvo ...
 
 

2014-08-25

Na casa

                De novo na casa para facela intendencia e ocuparme das mascotas. Debín levalas comigo de vacacións mais non o fixen ... E o feito xa está feito.