2013-08-08

Traxicomedia

              H. Walpole dixit: " A vida é unha comedia para os que pensan e unha traxedia para os que sinten". Eu sempre sostiven que é unha traxicomedia para todos...

2013-08-07

Cando quedas quedo

Cando quedas quedo,
en silencio,
dáme medo
ficar ao teu lado
cando transitas nese túnel


PROFUNDO
do teu vivir.


Cando quedas quedo...
tan só son unha nena
no berce
             do teu colo.

2013-08-04

MUJA






 



                 Evocando a Monterroso: Cando despertei, o dinosaurio inda estaba alí.

2013-08-03

Deficit tarifario

              Están a contarnos que haberá unha suba na tarifa da electricidade de algo máis do 3% debido ao deficit tarifario. Logo, a modo de xustificación, nos comunican que do resto se encargará o Estado. E eu, ollo-prát-ica, pregunto: quen será o Estado que tan xenerosamente fai esta aportación?

2013-08-02

Sabor a vida

              Algunhas veces case é obrigado mercar un producto porque a súa recadación - parcial ou total- vai a unha boa causa. O libro Sabor a vida é altamente recomendable posuíndo ademáis un fin solidario. Os meus parabéns para Kike Piñeiro que é o coordinador desta edición.
 


2013-08-01

Explicacións

               Nestes intres, tódalas canles de TV importantes están a retransmitir as explicacións que o presidente Rajoy dá sobre o acontecido co extesoreiro do PP. Nun primeiro momento, as súas afirmacións recordaron as do Rei: " lo siento, me he equivocado". Equivocación que ven dada porque un se fía doutra persoa... Non serei eu a que poña en dúbida isto mais non atopo, en todo o dito, unha explicación que non semelle un discurso para pasar o trámite.