2012-12-24

Walt Whitman

I celebrate myself,
And what I assume you shall assume,
For every atom belonging to me as good belongs to you.


I loafe and invite my soul,
I lean and loafe at my case .... observing a spear of
                summer grass.

2012-12-16

BO NADAL


              A todos os que ledes isto, DESÉXOVOS UN BO NADAL NA COMPAÑA DOS VOSOS FAMILIARES E AMIGOS e que a esperanza, neste tempo anubrado, permaneza nos vosos corazóns.

2012-11-22

O señor K

               Unha amiga miña devece polo señor K; creo que sería máis preciso dicir que o fai por unha parte do seu corpo. Obxectivamente é unha persoa que, se fixeramos unha enquisa, lle gustaría a todo o mundo. Ela , cando o ve, recréase pensando que non pode haber ninguén máis fermoso e harmónico, atlético e alto... A miña amiga polo que devece é polo seu pescozo e a súa noz, e lle gusta imaxinar que os percorre paseniñamente coa súa lingua e coa súa boca. Xa se sabe, soñar é gratis.

2012-11-18

As fiestras

             As fiestras como metáfora da vida é unha idea que sempre roldou pola miña testa. Unha vida que vemos pasar pola ventá e unha vida que pasa detrás dela, no noso fogar. Unha fiestra como pretexto para artellar una novela como El túnel. E unha ventá desde onde se pode soñar que o tempo doutros métese no noso tempo...






2012-11-13

Novembro II

Vento de outono.

Non hai deuses para min.

Non hai budas.
              
         SHIKI.





 
 

2012-11-12

Novembro I

             Rematando a tardiña... Feitas cun iPhone "prehistórico":


 
 

2012-10-29

SANTIAGO (é) TAPAS

            O  concurso de tapas de Santiago de Compostela invítanos a voltar á cidade e paladear nos vindeiros días unhas tapas ricas-ricas. As do Abastos 2.0 teñen unha pinta estupenda; iremos a paladear o sushi, feito a man... e o RoupaVella 2.0, se atopamos sitio. En A viña de Xabi hai tres tapas cunha pinta boísima: 1. Sesión vermú; 2. Outono; 3. Queixiños de Camembert con pistacho e froitos vermellos. Calquer local e/ou ruta que elixamos será, de seguro, un acerto.

2012-10-25

Brick by brick

             Paga a pena retrotaerse ao 1990 e oír este disco de Iggy Pop onde os temas, agás Something wild e My baby wants to rock & roll, están escritos por el. Atopamos un bo edificio discográfico construído ladrillo a ladrillo. Recomendo escoitalo.

2012-09-28

A vida

               Algunhas veces a vida ten coma banda sonora un bolero ou un tango ou ámbolos dous...

2012-09-22

Muller de auga salgada

               Quero ser unha muller de auga salgada e que ti debuxes o mapa do meu corpo: viaxe á humidade, percorrendo plegues e recunchos dun atlas exposto cara adentro. Quero este apaixonamento dos meus sonos que nos últimos días son pura carnalidade: tremores dun primeiro encontro cara a nosa Ítaca. E eu enriba de ti, como o desexo, como te quero..

2012-09-08

No Val do Dubra

             O vindeiro fin de semana en Bembibre vai a facerse o 2º Congreso de Bonsai de Galicia. As árbores alí levadas son espectaculares. Haberá tamén outro tipo de actividades como origami e ikebana. Deséxolles o mellor aos organizadores que ademáis son uns tipos estupendos. Iremos ata alí.

2012-09-07

O meu imaxinario

Acaricio os teus beizos
cada noite
no meu imaxinario.

O tic-tac do reloxio soa igual
que fai uns días
cando estabas aquí.

O teu barco
zarpou no solpor
cando as nubes abrazaron,
poñéndose de acordo,
un cincento ceo afortunado.

                (...)

A viaxe,
as mesmas singladuras,
os repetidos vaivéns do traxecto...

                      Máis aló do regreso,
                      máis aló dos recordos,
                      quero soñar
                                         a cor dese mar,
                                                                 a cor dos teus ollos.

2012-09-06

A cerimonia do adeus

               Nunca me gustaron as cerimonias dos adeuses; outros, disfrutan argallando festas de despedidas sorpresa, fermosos discursos ou cousas semellantes. A única verdade e que marchan os valiosos...

2012-09-05

Agardando ao puto amo

                Mañá chega a España o puto amo: a Merkel. En Moncloa a esperan co mellor dos sorrisos e esperando que exerza de deus. Nesta travesía polo deserto, esperan certamente que nos caia o maná para ter algo de alento no mundo volatil dos mercados. Logo, como na mellor versión dos deuses vingadores e inmisericordes, pediranos outros novos sacrificios. Oxalá a quen esperaramos fose a Godot.

2012-05-10

Eufemismo como disfrace

              Nos últimos tempos, os políticos nos ofrecen unha grande cantidade de eufemismos para falar da realidade. Ben certo é que a realidade pode ter tantos perfís como suxeitos ca contemplan; mais pretender facer unha grande eufonía con ela é demasiado.
             Parece que estamos nun barco sen rumbo ou polo menos cun rumbo errático: as ondas baten na embarcación que vai escorando non se sabe cara a onde inda que íntimamente o saibamos.

2012-05-02

As badaladas

Escoítote
nas badaladas de Rosalía,
nos versos de Whitmann,
nos cantís de Moher
e na emoción de lembrarte.

           (...)

E respostasme
co teu silencio,
coa túa fuxida
e co teu ollar.