2014-10-30

A cadratura do círculo

                Esta entrada non ten moito senso por ela mesma; falemos de que hai números que prefiro a outros e o 16 é un deles. Semella que estou na busca da cadratura do círculo.
                Miña nai sempre dicía que o meu número era o nove e desde entón teño preferencia polos números que rematen nel.

Ollar aéreo

2014-10-28

Luz vertical

              A luz vertical caía sobre as pedras e, no solpor, o alicerce dos meus soños aferrábase ao terruño indefinible das ficcións ...

2014-10-26

2014-10-20

Rebumbio

              Entre o rebumbio das voces afogadas non atopo a túa nin a miña ... Os sons das follas das ramas deste outono están murchando, en tránsito, cara ao esquecemento.

2014-10-15

Mijail Pletnev

               Pletnev, coma poucos, sabe transmitir o lirismo das composicións de Chopin; o seu lirismo e algo máis, indescriptible e indefinible, que en min produce unha fervenza de sentimentos pola que transitan outras ficcións ...

2014-10-12

Agasallo ...

     Se o mundo che ofrece o que cres que queres, rexeita as súas gangas ... O tempo non será endexamais derrocado por ti e canto máis tempo posúes menos queda ... 
     Non acado mellor agasallo que o do mar, tan só nuns breves intres da miña existencia e da túa tamén ...

2014-10-02

Abur

               Acaba de chamarme a miña mestra de música para dicirme que marcha da escola. A verdade é que estou realmente triste pola súa marcha pero ao mesmo tempo contenta por ela porque mellora no eido laboral. A verdade é que sempre marchan os mellores e que sempre nos acordaremos deles. A verdade é que cando hai sentimentos de por medio, este tipo de perdas lévanse fatal... Hoxe, no meu corazón, habita un ceo cincento ...

2014-10-01

Ollar ...

              Hai que parar, reflexionar e contemplar todo o que está ao noso carón.