2013-03-31

De tapas ( M/A 2013)

               Dou fe: excelente a tapa de Torre Xunqueiras. O rulo de Costela ibérica con pemento asado é toda unha invitación para o noso padal. Tamén o cruxiente de zamburiñas sobre crema de cachelos que ofrecen en A Terraza de Chicolino é moi bo. Non podo engadir moito máis xa que quedan moitas por probar, pero inda temos por diante todo o mes de Abril.
 
 

2013-03-30

Imaxes atopadas

 
 






Cambio de hora

               Desexando que se produza o cambio de hora para que haxa máis luz solar. Se hai sorte e algún día deixa de chover xa difrutaremos dos días doutro xeito. Sempre pensei que o uso horario para nós debería ser o portugués e o canario, mais os que establecen as convencións son outros.

2013-03-29

Cárceres

               Que razón tiña unha das persoaxes dunha obra teatral de Buero Vallejo!  Un decíalle a outro que quería sair do cárcere no que estaba, inda que sabía que o seu destino era outra cadea, circunstancia que prefería,  porque era outra, distinta.

2013-03-26

Anna Karenina

                Cando un vai ao cine a ver unha versión actual de filmes clásicos, que a súa vez son versións dunha novela consagrada, o fai esperando atopar visualmente algo que non atopara nas outras. Anna Karenina amosa unha historia que en diferentes países, no século XIX, escribiron os máis recoñecidos escritores daquela etapa. No filme eu atopei metáforas sobre a vida que aparecen na posta en escea:
              1. Constantes baixadas e subidas de telón. A vida coma representación, contada en actos teatrais, exposta coma traxedia...
              2. Portas pechándose e abríndose; portas que son eleccións, actos, camiños que se deciden tomar ou que se está obrigado a tomar...

               Se alguén pensa atopar algo novidoso que non o pense; e a pesares de todo a min me gustou. Dura 130 minutos e o vestiario é espléndido. Para min o cine é evasión e "vivir outras vidas, outras realidades".  Mais o que eu diga carece de valor porque, en relación coa actitude que teño fronte ás cousas que teñen que ver con procesos creativos, disfruto de case todo.

2013-03-19

Coma navío desmantelado

In some unused lagoon, some nameless bay,
On sluggish, lonesome waters, anchor´d near the shore,
An old, dismasted, grey and batter´d ship, disabled, done,
After free voyages to all the seas of earth, haul´d up at lats and hawser´d tight,
Lies rusting, mouldering.

                        W.W: The dismantled ship.



           Nalgún lago apartado, nalgunha baía sen nome,/ nas augas preguiceiras, solitarias, ancorado preto da praia,/ un vello navío desarborado, gris, estropeado, sen aparellos, acabado,/ despois das súas viaxes libres a tódolos mares da terra, rozando ao fin á area e amarrado firmemente,/ xace facéndose ferruxe, destruíndose.