2014-01-31

Inmutables

               Pois hai xente a quen non se lle move nin unha pestana... Acábanme de dar por detrás no coche e ao sair dime que non baixou porque pensaba que non estaba nel. É certo, algúns non se inmutan por nada.

2014-01-30

Máis Valente

                FRAGMENTOS que de sí dejan los cuerpos/ surten desde el olvido,/ despiertan en la noche hacía la blanca/aparición de un seno,/ su amaneciente bulto tibio,/ la imagen que desciende/por los ríos caudales de deseo/ hacia el origen/de ti,/ clamor de un cuerpo, cuerpos,/ las formas,/ fragmentos incendiados/ de tu resurrección.

Recomendo...

               Recomendo ver despilfarropúblico.com.

2014-01-29

Defraudadores

               Faladores profesionais poñen o foco nos defraudadores: persoas de clase baixa e media-baixa. O fraude é pecado mortal nestes casos. Mais os grandes defraudadores sempre teñen o perdón polos pecados cometidos... e incluso amnístias fiscais.

2014-01-27

Aniversarios

               Algúns aniversarios pesan coma lousas  na memoria colectiva dalgúns pobos... Dentro dun ano que llo pregunten aos alemáns. Todos deberíamos meditar sobre o espanto, a dor, a loucura colectiva, as infamias, o medo aos diferentes, os falsos culpables, os dogmas da fe, o control dos estados sobre os cidadáns... e non esquecer.

2014-01-16

Aventureiras...

               Algunhas mulleres dannos lecións sobre a vida ao longo do tempo. Moi recomendable o libro de Cristina Morató.
 
 

2014-01-14

Por que?

               Por que algúns viven coma se o amor fose un xogo entre dous cegos xogando a facerse dano? De seguro que non hai unha soa resposta para isto...

2014-01-12

Perda de democracia

                Mentres que as diferenzas entre clases sociais vanse alongando, mentres que se vai perdendo dereitos coma o da manifestación, educación e outros, ímos perdendo en democracia... Esa perda xa é visible en moitos ámbitos das nosas vidas. Esa perda lévanos a un estado totalitario no que se pretende que sexamos años obedecendo sempre sen cuestionar cousa algunha.
                Conclusión: réxime totalitario con vestidiño democrático.

2014-01-05

Que...?

            Que facemos co que sentimos...?
            Ás vecesCronos o vai desdibuxando esmorecéndoo paseniñamente; outras, sabemos que permanecerá connosco sempre.