2014-07-24

Voces proféticas

                Estiven ausente no camiño desértico das emocións, cando xa non estabas eiquí. O estiven, do mesmo xeito, cando os meteoritos caían enriba de nós; quizáis devastadores ás veces ... Entón, ese sentimento facía que o universo se desdibusaxe, cando o teu ollar non chegaba a ser latexo febril   - latexo lunar -   no meu ceo ... E, de súpeto, chegaron as voces proféticas que se converteron en constelacións e ti no meu derradeiro e único tesouro.

Ías seguindo ...

               Ías seguindo as variacións da tentación ... inalcanzable quizáis.

2014-07-22

Parar o tempo

               Parei o tempo interminablemente longo, da vida interminablemente breve ... ata chegar a ti.

2014-07-19

No vento ...

               No vento están as verbas que percorren tódolos recunchos do meu corpo, paseniñamente; non podo verbalizalas xa que fuxirían do meu carón ... e ti con elas.

2014-07-18

Nas alturas ...

 
Nas alturas percibimos a realidade doutro xeito. 
Feitos en España: Estefanía Marco. 

2014-07-17

Na espera

  •  de que me confirmen ou deneguen o acceso a escola de música.
  •  de que a espalda doa menos.
  •  de que chegue a miña irmán a Galicia.
  •  de que cando vaia outra vez cara o sur, haxa sol.
  •  de que a miña xente esté ben.
  •  de que os amigos e a xente que aprecio acaden facer o que desexan.
  •  de que poda ser máis feliz...

2014-07-15

Unha palabra ...

               Unha palabra pode abrir unha porta, pode dar sentido a todo, pode saltar as alfandegas individuais, pode nomear ao non nomeado, pode facernos comprender ... cunha palabra.

2014-07-14

O muro...

                  Entón abréuse un muro e entraches neste cuarto coma nunha habitación que non ten saídas e na que estás sentado, ollándome, noutra soedade semellante a da miña vida.

2014-07-07

Sobre as ondas ...

                 Sobre as ondas, debaixo deste ceo cincento, os meus soños alónxanse coma os barcos ...

2014-07-05

Thou reader

THOU reader throbbest life and pride and love the same as I,
Therefore for thee the following chants.


Ti lector, latexas vida e orgullo e amor coma min,
para ti, entón, as seguintes cantigas.


W.W.: Inscriptions.

Festa gastrogarum para o padal

2014-07-02

A muller que desexa

              A muller de auga salgada, desde o peirao, pensa naquela paixón devastadora e desexada ...