2013-06-29

Picos de Europa

               Se pudese, pasaría outra semana alí... Os roteiros do Cares e do Deva son certamente impresionantes. Unha inglesa, aloxada en Fuente Dé, díxome sobre a contorna " (...) more beatiful place", e ten razón.


                                                
                                                                     Lago Ercina.

 
 Naranco de Bulnes.
 
                                                   
                                                                      Pobo de Bulnes.

                                                    
                                                                        Fuente Dé.



2013-06-23

Quero

 Quero
 as chaves da túa cidade perdida,
 as bandeirolas polas que apostaches algunha vez,
 os espazos que endexamáis ocupaches,
 as túas pegadas inventadas,
 o teu rostro noutros rostros,
 o que soñas nalgún intre do día,
 as túas dúbidas e os teus medos,
 o teu sorriso esperanzado,
 a desorde que en min provocas;

                                    o quero todo...

2013-06-21

Desideratum vacacional

               Para os que comenzan o periodo vacacional ou en vindeiros días se incorporen ao tempo de lecer, desexos de que teñades moi boas e felices vacacións. Eu espero que me suceda isto tamén.

2013-06-19

Here the frailest leaves of me

Here the frailest leaves of me and yet my strongest lasting,
Here I shade and hide my thoughts, I myself do not expose them,
And yet expose me more than all my other poems.


W.W: Calamus.


Eiquí as miñas fraxilísimas follas que son, nembargantes, as máis duradeiras,
Eiquí eu poño na sombra e agocho os meus pensamentos, eu mesmo non os expoño,
Pero eles amosan máis ca todos os meus outros poemas.

2013-06-18

Decidir

               Daniel Dennett comenta que moitos momentos decisivos da nosa vida non estiveron acompañados por decisións conscientes. Cando un di: "Decidín aceptar un traballo", un está seguro de que se informa a si mesmo de algo que fixo recentemente, pero a reminiscencia só lle amosa que onte estaba indeciso e hoxe xa non o está. A decisión debeu suceder no que el denomina momento de intervalo.

2013-06-17

Lía

                        Lía............................................................

2013-06-16

Non hai quinto malo

               Acaba de rematar o partido de baloncesto de playoff, gañando o B. Regal. O talento individual dos xogadores case non se albisca xa que son encontros trabados, mais eu xuraría que por metro cadrado na cancha hai moito. A miña filla a 30 segundos do remate dicía que íamos mega-mega-mega-fatal. Esperando que sexa certo de que non hai quinto malo...

2013-06-15

Cultura tradicional

                Para os partidarios da cultura tradicional é esencial a importancia da linguaxe natural e a simbolización espontánea ou elaborada (as artes). Grazas á cultura que é fundamentalmente lingüística, o ser humano descubre a súa condición e atopa o seu senso. A traverso da cultura descobre que é esencialmente humano. A relación coas cousas materiales, a acción e a producción non son esenciais no que respeita a actividade simbólica. Se pon en valor máis o pasado e a historia que o futuro.

Playoff

               Onte estabamos tan cansas que quedamos durmidas vendo o partido de baloncesto. Hoxe preguntou a pequena quen gañara e eu dixen que me enteirara ás oito da mañá de que o fixera o Madrid. Estou segura de que parte do que nos apaixona de adultos ven das nosas experiencias da nenez.

2013-06-13

Os números primos

               Entre os números primos existen algúns que son inda máis especiais. Son aqueles que os matemáticos chaman primos xemelgos xa que entre eles se intepón sempre un número par. Así números coma o 11 e o 13, o 17 e o 19, o 41 e o 43, permanecen próximos mais sen chegar a tocarse. Esta verdade matemática pode ser unha boa metáfora...

2013-06-11

Imposible

IMPOSIBLE saber cuándo ese rincón de mi alma se ha dormido
Y cuándo volverá otra vez a tomar parte en mis fiestas íntimas


                                  (...)


Tengo centenares de épocas en mi breve tiempo
Tengo miles de leguas en mi ser profundo
Cataclismos de la tierra, accidentes de planetas
Y algunas estrellas de luto
¿ Recuerdas cuando eras un sonido entre los árboles
Y cuando eras un pequeño rayo vertiginoso?


                              (...)


Yo soplo para apagar tus ojos
¿ Recuerdas cuando eras un suspiro entre dos ramas?



                         Vicente Huidobro: El ciudadano del olvido.

2013-06-09

Xa OITO

               O que conseguiu Rafa Nadal en Paris hoxe é extraordinario; aí está un home que sempre nomea aos demáis como artífices, dalgún xeito, do seu éxito persoal. Todos os meus parabéns.

2013-06-08

Marx

                Hoxe textos de Marx teñen total vixencia para a situación económica que nos toca vivir. A saber:

                "Se a riqueza da sociedade está en descenso, o obreiro sufre máis ca ninguén, pois inda que a clase obreira non pode gañar tanto coma a dos propietarios nunha situación social próspera, aucune ne souffre aussi cruellement de son déclin que la classe des ouvriers (1) ".


                  Marx: Manuscritos: Economía y Filosofía.



                 Salvando as diferenzas entre épocas, semella que algunhas situacións repítense. E os que nos desgobernan, e axeonllados ante o capital - mercados, nos espremen coma se fósemos limóns...

  (1) Ningunha sofre tanto a súa decadencia coma a clase obreira  (Smith, II, 162).

2013-06-07

Byron

Sorrow is knowledge: they who know the most
Must mourn the deepest o´er the fatal truth,
The tree of knowledge is not that of life.


( Coñecer é sufrir: quenes máis saben
Máis fondamente deberan chorar sobre a verdade fatal,
A árbore do coñecemento non é a da vida.)

2013-06-06

Cara ao verán

                Estou desexando que remate o curso escolar porque se me fai todo moi pesado... En realidade, este ano o podería denominar " o ano da muller triste". O que máis me amola disto é que a pequena dáse conta. Espero que chegue o verán e que poda ver todo desde outra perspectiva ...

2013-06-05

Nos soños...

...Chegaches co teu encanto
indefinido. Poucas liñas somentes se
atopan na historia sobre ti...

                 (...)

modeleite fermoso e sensual.
O meu facer otorgoulle ao teu rostro
a beleza atractiva dun soño.

C. P. CAVAFIS.

Opus 60 en Fa maior sostido

Os refachos do ar
soan a barcarola.
E os teus sons,
e as túas notas
                    tamén.

Afastaste
e achegaste
nas miñas ensoñacións.

Estás mergullado
no tempo de Chopin:
fondeado en min,
sen preguntas,
sen respostas,
sen sabelo.

2013-06-04

Sós

Fomos ficando sós
o Mar o barco e máis nós.
              (...)
Roubaron-nos o Sol
              (...)
As nosas soedades
veñen de tan lonxe
como as horas d´o reloxe.
              (...)
O cadavre d´o Mar
fixo d´o barco un cadaleito.
Fume de pipa. Saudade.
Noite. Silenzo. Frío.
E ficamos nós sós
sin o Mar e sin o barco,
nós.


Manoel Antonio: De catro a catro.

2013-06-03

Seres asexuados

                Pasei a miña vida dicindo que non existen os seres asexuados e coma premisa é certa. Outra cousa é que se practique, coma ximnasia ou por outros motivos que teñen que ver co eido persoal, con moita, pouca ou ningunha frecuencia. Coñezo a algunha xente que sostén que son asexuados porque non tiveron nin teñen ningunha relación e tampouco se  plantexan intercambiar fluidos. Ao común dos mortais resúltanos cando menos estrano pero cada un decide o que quere facer.
              Poderíamos facer un debate sobre o sexo dos anxos pero sería inútil...

2013-06-02

Brecht

" Da war auch ein Gericht
und brannten zwei Kerzen lichter,
und war ein peinliches Verhör.
Verurteil wurde der Richter."


Bertolt Brecht, " Kinderkreuzzug 1939" en Kalendergesichten.


(Tamén houbo un xuizo un día á luz dunhas candeas, e foi condeado o xuiz trala magoenta audiencia)

2013-06-01

Celta e Depor

               Hoxe é un día para estar ledo porque o Celta queda en primeira división. Leda porque de sempre fun do Celta inda que os motivos non son moi específicos; pode que pesara máis a proximidade xeográfica. Sinto que o Depor baixe porque creo que é bo que haxa máis equipos galegos nas primeiras categorías... Sempre hai motivos para pensar que podía sair todo bastante peor, cos dous en segunda división.