2015-12-28

Ninguén ...

                  Ninguén se acordará de nós cando morramos. Triste pero real.

2015-12-23

Tipoloxía

                     Coñezo só a dous tipos de persoas: as que só pensan nelas mesmas e as que pensan nos demáis. Prefiro as segundas.

2015-12-21

Aposta ...

                     Fiámolo todo a que a nosa aposta persoal axude a que algo non se desdibuxe e acabe desaparecendo. Nós apostamos e non serve de case nada.

2015-12-12

Erguida ...

                 Pois si, erguida desde a madrugada ... Non podo durmir. Todo en silencio, agás o coello que está activadísimo e un veciño que cando saiu co coche que semellaba formar parte dun rally. Eu sentada diante do ordenador, tecleando letras que xuntas teñan sentido e reflexionando sobre que facer o 20 de decembro. Xa son unha habitante da indecisión e da dúbida ... Supoño que este sempre foi un rasgo definitorio meu que se vai agudizando co paso do tempo. A seguir matinando ...

2015-11-19

Agasallo ...

               Non sei se a afortunada son eu porque me acaban de dicir que me dan dúas entradas para o partido de baloncesto ou se o afortunado é quen me fai este agasallo. A que vai estar feliz é a pequena.

2015-11-01

Chegou Novembro ...

                   Chegou Novembro,  tinguindo todo de ocres, amarelos e vermellos ... Chegou Novembro, como aquel que veu acompañado da emoción de namorarse dese outro Novembro que non se pode esquecer.

2015-10-16

Do amor e outros relatos ...

         Os relatos sobre o amor son tantos como persoas que o disfrutan, que o padecen, que o sobrelevan, que o esquecen ... Eu diría que estas descricións crecen xeométricamente en función das experiencias vividas. Os relatos son infinitos mais non coñezo a ninguén que non vaia na súa procura.

2015-10-14

Facer país ...

               Xa non me estrana ver aos que nos gobernan dicindo que grazas as súas xestións este país avanza, que todo mellora e que voltamos á Champions. Creo que a consideración que deberían facer é que hai millóns de persoas que se erguen cada día, e que son os  que fan país.

2015-10-12

Exaltación do amor ...

               Onte estiven nunha festa da exaltación do amor ou o que é o mesmo nunha voda. Fagamos unha pirueta e despoxemos a cerimonia da parte contractual que posúe e pensemos na parte química e física dunha relación cando está en plenitude: O AMOR. 

2015-09-24

Decepcións

                 Día realmente triste, absolutamente decepcionada e "tocada" mais non afundida. Algunhas actitudes son para min incomprensibles sobre todo cando parten da familia ... Asimilar e continuar.

2015-09-21

A Barcala

               Hoxe, pensando que a nena coa que estaba falando era de Terras de Santiago, acabei enteirándome de que vivía nunha zoa moi concreta de A Barcala. Ocurreuseme dicir que a miña filla tivera un mestre daquela terra e dixenlle a súa nai o seu nome e apelidos. Respostou que non o coñecía e me quedei cortadísima porque sigo a pensar que é imposible que non soubese quen é porque esta persoa ten proxección pública nos últimos tempos polo que teño entendido. Só caben dúas posibilidades: que sexa allea ao que acontece na súa terra ou que non me quixese dicir que o coñecía.  

2015-09-17

Contar contigo ...

                    Ante calquer situación que veña de cara, os nosos fillos tan só esperan de nós que esteamos ao seu carón para axudalos, acompañalos e entendelos ... Eles contan connosco.

2015-09-12

Positiva ...

              Onte despois da xornada escolar a pequena fixo un resumo abreviado do día. Emocióname pensar que na forma de ser parécese a min. O seu ollar é positivo cando avalia a xente porque cando se enfronta a realidade o fai  sen prexuicios e cunha mirada limpa. Pois si, temos a manía de ter a tendencía de que - a priori- fagamos valoracións positivas das situacións, dos lugares, da xente ... 

2015-09-04

Separacións

               Hoxe comprobei que son totalmente allea ao que pasa ao meu redor: moitas parellas das que coñezo, separáronse. O curioso é que parecían, en algúns, casos de parellas ideais e o que comenta a persoa que marcha é que quere vivir. A traducción é sinxela: priorízase un mesmo sobre os fillos, as familias, o compartido, as amizades en común. Cada quen debe vivir a súa vida como considere oportuno. O que non é doado é atopar o equilibrio para seguir adiante, sen pensar nun mesmo, sen facerlle dano a ninguén ...
             

2015-09-01

Por fin Setembro ...

              Por fin Setembro, un mes fabuloso inda que moitos pensen que voltar a rutina é custoso.

2015-08-14

A patria...

               A patria ... Pode que sexa o paraíso perdido da nenez, un lugar físico para a maior parte da xente ou tan só TI:
               Ancorado no alicerce do meu naufraxio, soñado neste océano de tempo que nos separa, nas emocións enfrontadas nas alfándegas físicas da ilusión, da perda, da fuxida, da querencia, da espera, do imposible de todo o posible... TI.

2015-08-04

Se ti quixeras ...

          Se ti quixeras ficaría ancorada no teu berce; se ti quixeras debuxaría no mapa do teu corpo tódolos traxectos que o meu imaxinario percorre - cada claro de lúa - enriba de ti; se ti quixeras Amor ... 

2015-07-20

Ancorada

       Ancorada na túa vella Alexandría, celebrando esas datas de festivais que van correndo lixeiros no calendario; eu ancorada ... no espello, alén do mar, polo que aparece reflectida a túa imaxe que resulta ser a máis fermosa do mundo.

Velaivén

2015-07-14

El ...

         El pensaba que ela sentía algo por el; a ela non lle importaba que o creera, porque era verdade ...

2015-06-04

Outro ano

                    Outro ano e me atopo como onte, como antonte, como hai un mes; mais o que realmente apetece é sentirme como hai anos ...

2015-05-31

Ti

                    Facendo equilibrios nas alturas naquela corda tensa i elevada, escoitas: " E eres ti, que me saiu lume de nomearte, que bailas ao meu lado sen rozarme, ti ..."
              

2015-05-26

Resaca ...

                 Despois do 24M estamos mergullados na resaca post electoral: A interpretación do acontecido antonte é diversa mais non sei se axustada e verdadeira. Xa se sabe que cada quen afirmará algunha cousa dependendo dos seus intereses, da súa ideoloxía , das súas conviccións personais á hora de interpretar o mundo - o seu mundo-, dalgunha crenza colectiva ... Só podo engadir que algúns serían merecentes de mellores resultados porque, de seguro, deixaron a pel por pura e verdadeira convicción e gañas profundas de cambiar o seu universo.

2015-05-22

Municipais

               Desexando que chegue o domingo para exercer o dereito a voto que temos inda que posiblemente todo siga igual.

2015-05-10

Compromiso

        Cando decidimos vivir con alguén nos comprometemos a estar con esa persoa nas boas e nas malas circunstancias, a facerlle a vida máis doada, cómoda e incluso feliz ... Mais os compromisos non teñen alicerces de eternidade na vida real e as persoas os rachan constantemente porque só pensan en si mesmas.

2015-04-29

Barcos afundidos

                 Un barco afundido soltando chapapote fronte as illas Canarias; outro barco sen rumbo calcinándose no Mediterráneo ... Podería ser a metáfora do que está a acontecer neste país.