2014-03-30

Emoción compartida

 
 
    Onte, no Pazo de Congresos de Compostela, compartín coa miña pequena a experiencia de escoitar o concerto de Ferrarini e Battigelli. A primeira parte estaba formada por pezas clásicas de Haendel, Verdi, Donizetti, Debussy entre outros; logo, na segunda parte, repertorio de Rota. As emocionais experiencias  compartidas, cando estás ao lado de quen máis te importa, son fantásticas.   
 

2014-03-28

Sempre ...

            Sempre é máis doado botarlle a culpa aos demáis do que nos acontece que asumir responsabilidades propias.

2014-03-26

O que pensen os demáis...

                A estas alturas da miña vida pouco importa o que os demáis pensen do que, como, cando, onde faga cousas ou accións que teñen que ver co meu. A vida é demasiado curta para preocuparse disto; renunciar a case todo polos demáis é un erro que logo, co tempo, verbalizamos nun fondo laio.

2014-03-25

Funerais presidenciais

              Hoxe, e parece ser que onte e nantonte, estamos a asistir ao pasamento do presidente Suárez retransmitido en tódalas canles. ( Digo parece porque vexo pouca televisión.) É certo que España sempre foi desmemoriada pero o que máis sorprende é que os que, noutro tempo, foron desleais, críticos, malidicentes e/ou traidores... hoxe din loubanzas sobre el e sobre o periodo histórico no que lle tocou gobernar.
              Sempre desmemoriados.

2014-03-23

Salvación polo corpo

             (...)


Afán, afán de cuerpo!
Querer vivir es anhelar la carne,
donde se vive y por la que se muere.
Se busca oscuramente y sin saberlo
un cuerpo, un cuerpo, un cuerpo.


           (...)


                          Pedro Salinas, Salvación por el cuerpo.

2014-03-22

TI E MÁIS EU

              (...)


Falemos de ti e min
xa que vivimos.
Ti i eu nos ventos 
e nos solsticios.
Ti i eu nos bosques
e nos ríos.
Ti i eu, historia
de corpos nidios.
Ti i eu, saudade 
de álbores íntimos.
Ti i eu sin tempo 
polo que imos.


             (...)   


                      
              CELSO EMILIO FERREIRO :  Longa noite de pedra.  

2014-03-20

Sexo

              E se reduciramos o sexo a unha medida? Podería ser a metade desexo e a metade amor? Máis desexo que amor? Máis amor que desexo?


 
  Paul Gauguin. La luxure, 1890. 

2014-03-18

Días de ...

                No tempo en que nos tocou vivir hai días de... para todas as circunstancias, persoas, causas, estilos de vida, etc. Logo, atopamos -por todas partes- anuncios que nos invitan a consumir en tan sinalados días e asumimos que esta comercialización dos afectos forma parte do ritual. Na véspera do día do pai escribo estas liñas porque quero salientar que o único importante é que celebremos, todos os segundos, a vida que a cada quen lle tocou ou/e quixo vivir. Unha celebración sinxela, sen grandes festexos, parándonos a ver noso arredor sorrindo, sempre sorrindo.

Marina/ Educación

 
 

2014-03-17

No mesmo intre ...

 
 

Sabes e sei que ...

             Sabes que eu estaría leda se ti o estiveses; que te desexo todo o bo porque ti fuches o mellor que aconteceu no tempo de Chopin; que sempre vin en ti a ese outro, fermosísimo, mergullado no fondo e morno mar, asulagado de intencións e tentativas...

2014-03-16

Ėzaro

 
 
 

              A contorna do Ézaro segue cincenta, de xeito similar a cando aconteceu o desastre. Unha mágoa. 

2014-03-15

Praia de quenxe

                Xuntanza de persoas moi divertidas co pretexto de comer cocido. A verdade é que o pasei moi ben. O local ten unhas vistas estupendas e os donos son moi agradables.
 
 
 
 
 

2014-03-14

Fisterra

               Esta fin de semana pensaba achegarme a Fisterra e hai unha hora invitan a comer un cocido nun pobo a 12 kilómetros do fin da terra. Algunhas veces atopámonos con que o destino fai unha dobre pirueta e sae ben ... Hai que aproveitar o bo tempo que temos antes de que volte a choiva.

2014-03-13

Xulgar aos demáis

               Só cando un é xeneroso xulgando aos demáis está máis conforme consigo mesmo... Observar o que nos arrodea de xeito positivo é un pequeno motorciño que nos impulsa a seguir se se nos pechan as portas, se no camiño percorrido hai algunhas fochancas, se non temos claro que dirección coller...  Valorar, desta maneira, á xente para min supón estar na procura do mellor de cada individuo; iso que outros non ven e que eu vexo porque teño fe...

2014-03-12

Silencio

              Cando non se ten case nada que dicir, o mellor é optar polo silencio...

2014-03-10

Serrat

              Estes días revisito a Serrat e como sempre fascíname a canción  Sinceramente tuyo (1983) porque é toda verdade. Este tema sirveulle para bautizar un insólito disco en portugués ( Sinceramente teu, 1986) co que Serrat tentou introducirse no mercado brasileiro.


Os bos

               Cando algúns son bos, o son moito ... e raian a excelencia. Hai que recoñecer -sempre- as virtudes do contrario e as dos nosos.
 
 
 

2014-03-09

Lograr decatarse ...

               Podemos ir moitas veces a un lugar e non decatarnos do que hai diante, inda que teña certa familiariade para nós; podemos voltar e, só a traverso dun enorme cartel, ver que sempre estivo aí. Algúns, para algunhas cousas, temos unha profunda cegueira ...

A muller estaba espida ...



LA MUJER estaba desnuda.


Llegó un hombre,
descendió a su sexo.
Desde allí la llamaba
a voces cóncavas,
a empozados lamentos.
                                          Pero ella
no podía bajar
y asomada a los bordes sollozaba.


Después, la voz, más tenue
cada día,
ya se iba perdiendo en remotos vellones.


La mujer sollozaba.


Tendió grandes pañuelos
en las lámparas rotas.


Vino la noche.


Y la mujer abrió de par en par
sus inexhaustas puertas.



                                           J. A. VALENTE:   Breve son.

2014-03-07

Chegou o astro sol ...

                                                                     ... e o solpor.
 
 
 

Galipedia

               Ista é unha versión en Galego da Wikipedia. Moi recomentable se se quere facer consultas no noso idioma. 

2014-03-04

A mellor sensación do mundo....

              Cal é a mellor sensación do mundo?
              Supoño que a resposta ten que ver cunha definición que eu emprego sempre ao falar da opinión: cada un ten a súa. Para algúns será comer e/o beber algo saboroso; para outros ser recoñecidos e admirados polos demáis; uns a obterán de acumular riquezas... Para min, a mellor sensación do mundo é que alguén, nalgún intre, me desordene ...

2014-03-03

Fronte ao espello

En un abrir y cerrar de ojos
ya no estarás en donde estabas:
un triste viejo está mirándote
con qué terror desde su cara.

Mirándote ávido y mirándote
mientras la luz te da en su cara:
en un abrir y cerrar de ojos,
ni tú, ni él, ni nada.


                              Eliseo Diego: A través de mi espejo.

O que me peta....

               Sería estupendo facer o que a un lle peta mais, coma a maioría dos mortais, estamos obrigados a facer certas cousas - iso ao que se lle chama deber, por exemplo-. Agardo poder facer o que me peta un día distes ... Facer o que me peta e disfrutar co que me gusta. E incluso pode que o consiga ...

2014-03-02

Haru

               Un pracer visionar The cat returns ou o que ven sendo en Castelán Haru en el reino de los gatos. Coma sempre o Studio Ghibli fai filmes fermosísimos.

2014-03-01

Eu tamén ...

               Eu tamén, no caderno de bitácora, atopei unha saída cuios perfís ás veces eran lenes mais outras eran desbibuxados ...