2015-01-31

Nai e filla ...


Ela

O teu tempo

               O teu tempo tivo medo dos reloxios; vai fuxindo enriba de dúas nubes, lonxe do aire, lonxe da súa viaxe, fuxindo de ti ...  A túa patria segue a ser a miña; inda que siga a existir esa distancia equidistante insalvable entre a miña vida e a túa. Fuxamos, tamén nós, de nós mesmos e achega nas túas mans a túa alma.

2015-01-24

Aceptar e conformar-se ...

                Nalgún intre da nosa vida pelexamos con nós mesmos porque non aceptamos o que ocorre nas nosas vidas... O que obxectivamente podería engadir é que, desde o momento que nós estamos en conformidade co que acontece, todo vai mellor; ou iso parece ...

2015-01-21

Nada de nada

                     " Nada de nada", tema e reflexo de como nos sentimos nestre intre moitos dos cidadáns españois. Fito y los fitipaldis sembrados ...

2015-01-19

Novo

                Pois estou de estrea: novo teléfono. Agora toca descubrir o que fai e como o fai, mercar funda, e outros aparellos para que faga máis cousas ... Aprendendo, sempre aprendendo.

2015-01-16

Como dixo outro ...

                 Como xa apuntou outro, noutra época, teño o cerebro manchado de tinta e sinto unha dor inespecífica ao ter versos máis alá do alén ...

2015-01-14

Municipais

                 Que algúns escépticos coma min saibamos a estas alturas o que ímos botar nas eleccións municipais é lóxico. A próximidade dos candidatos e o seu coñecemento persoal fainos deixar de lado outras diatribas. Confeso: non voto partido, voto persoa. Outra cuestión xa será outro tipo de eleccións mais sei que hai que fuxir dos salvadores da patria. 

2015-01-10

Europa, Europa ...

                Europa conmocionada polo acontecido estos días en Francia; Europa abraida pola fraxilidade que ela encerra en si mesma; Europa agochada en discursos difusos para propiciar a millor das convivencias; Europa asolagada por sentimentos contradictorios; Europa perdendo a perspectiva polo acontecido ...  Posiblemente outros asasinos voltarán a actúar en nome dalgún credo, en nome dalgún deus, en nome da lei que dictou a divinidade e que interpretan os homes ... E despois de 53 horas de terror, a resaca despois do medo.

2015-01-07

Je suis Charlie


Sífile e outros riscos

             Contanme que tanto xinecólogos como urólogos están moi preocupados polo repunte de sífele que hai en Galicia. O relaxo nas prácticas sexuais debe ser moito, co agravante de que estas prácticas, ao tolo, poden traer como consecuencia outro tipo de doenzas que non se curan con penicilina. Dinme que a Consellería de Sanidade o sabe mais non se manifesta para non crear alarma. E digo eu, non será millor ter a poboación informada? 

2015-01-05

Esperando algo ...

         Esperar cousas que acontezan porque outros as propicien é un erro. Algunhas veces debe de estar claro que o que aconteza nas nosas vidas depende de nós e das circunstancias, como suliñaba Ortega y Gasset, mais non doutra persoa na súa totalidade.

Insomne

        Cando non se pode durmir, e non se debe molestar aos demáis, unha ponse a escribir precisamente que está desperta. Que facer cando acontece isto? Pois se me ocurren moitas cousas para facer e ben agradables pero con sentido. Agora tan só queda pasar o tempo ata que nos dean as oito da mañá, levar a miña irmá a estación e esperar a que cheguen os Reis Magos ...

2015-01-04

2015-01-03

De outro xeito ...

                       DE OTRO MODO

                              (...)

El aire cristaliza bajo el humo.
-Ojo de gato triste y amarillo-.
Yo, en mis ojos, paseo por las ramas.
Las ramas se pasean por el río.

                             (...)

LORCA: Canciones.