2014-09-29

Cita

               Hoxe fun pedir unha cita médica e xa teño consulta mañá. Nunca me derán unha cita tan pronto; unha prefiriría ter unha cita doutro estilo ...

2014-09-27

Dáme a túa man ...

               Dáme a túa man, tomando a miña, e lévame a habitación onde transitan os antesoños de antonte, os agarimos de hoxe e as ilusións no alén ...

2014-09-24

Preguntas

               Gustaríame facerlle algunha pregunta e ter respostas sinceiras mais, de seguro, que non as farei;  non acontecerá iso porque no fondo prefiro a resposta imaxinada, ficcionada e positiva que sempre rolda na miña testa.

A repetición da repetición ...

               Algunhas veces fico pensando que académicamente só interesa que os fillos acaden boas notas e que se plasme, unha e outra vez, a listaxe dos reis visigóticos nun papel. Non serei eu quen diga que as actividades vencelladas a memoria non sexan importantes pero ten que haber algo máis: fomento de habilidades, de valores; aprender que na vida non só existen dereitos, senón que tamén hai deberes; e sobre todo que se formen persoas que se atrevan a pensar e todo o que isto implica ... Creo firmemente que non pasa nada porque non se dean algúns contidos porque en calqueira momento somos quen de aprender calquera cousa.
              Outra reunión na escola, as mesmas queixas e eu un pouco máis alonxada do parecer común a respeito da actividade educativa. Que difícil o teñen os mestres! Sempre andamos na repetición da repitición ...

2014-09-21

Case me amabas ...

                                          Alma celeste para amar nacida.
                                                                   Espronceda.



Casi me amabas.
 
           (...)

Sí, sí, me amaste sobre los brillos, fija,
final, extática. El mar inmóvil
detuvo entonces su permanente aliento,
y vi en los cielos resplandecer la luna,
feliz, besada, y revelarme el mundo.


                     Vicente Aleixandre: Sombra del paraíso.

2014-09-19

Nesta noite ...

               Nesta noite chuviosa, xa lonxe de ámbolos dous, dou un chimpo de repente ... Son dúas portas abríndose, pechándose; dúas portas que co vento van e veñen, tras de ti e tras de min...

2014-09-16

O irreal

              Busco en cada verba, en cada xesto, en cada ollada o irreal do teu envoltorio e a verdade da túa alma ...

2014-09-15

A perda dos que amamos

               Ninguén dixo que a vida fose doada case sempre. Ninguén dixo que a vida é como a plantexamos e que dependa na súa totalidade do voluntarismo, do desexo en acadar algo, de ... Poucas persoas nos lembran que somos seres para a vida e seres para a morte. Mais na vida de cada quen, ás veces, suceden episodios tráxicos e imprevisibles e as persoas as que amamos cruzan na barca ao outro lado do río...  A perda dos que amamos non é asumible nunca.

2014-09-11

Amor

 
Amor,
invencible na batalla,
Amor, que te precipitas en medio das feras, 
que te aloxas nocturnamente nas meixelas da rapariga
e vas e ves (...);
ninguén de ti fuxe,
nin entre os inmortais,
nin entre os homes efémeros.
Quen te posúe, queda louco.
                                                                              
                                                                                   (...) 
 
                                                             SOFOCLES: Antígona.

Educar

2014-09-08

O voluntarismo

               Hai anos alguén me dixo que querer ou non a outro dependía tan só da súa vontade. Oxalá puidese suceder iso: deixar de querer a alguén ou ben amalo por puro voluntarismo. Creo que ese mecanismo é máis irracional do que moita xente pensa, polo menos no que a miña persoa respeita. Se todo se reducise a pura vontade resolveríamos mellor todas as situacións da nosa vida e sufriríamos menos. E a pesares de todo, prefiro estar mergullada nese mar ferido de dúbidas de ... bendita irracionalidade.

2014-09-07

Xente xenerosa

               Hoxe estiven cunha persoa marabillosa que ten moito que ver coa formación académica da miña filla. Hoxe foi xenerosa con nós porque nos agasallou co seu tempo de lecer para axudarnos a escoller un instrumento. Hoxe estou agradecidísima porque non todo o mundo ten este tipo de atencións cun alumno.
                Hoxe ...

2014-09-06

Pesas

               O meu fervello levaba tempo insistindo en que collese as pesas que andan pola casa e fixese exercicio. Onte o fixen i ela sentenciou: " (...) estás oxidada." E ten razón. Moitas gargalladas, por suposto.

2014-09-05

Intereses

               Co paso dos anos decátome de que, cada vez, a procura dos meus intereses é máis limitada: moitos dos asuntos que antes me fascinaban xa non importan case nada; o grupo de persoas coas que me gusta ter relación vai minguando; as aficcións cada vez máis reducidas ... mais, o pouco co que disfruto, faime realmente sentirme ben.

2014-09-02

Esa porta ...

               Esa porta non abre cara a ningún retorno mais está a punto de abrirse na parede final do mesmo soño; esa porta non é pregunta; é sentenza de chumbo ...