2013-07-30

O YOU... *

O you whom I often and silently come where you are that I may be with you,
As I walk by your side or sit near, or remain in the same room with you,
Little you know the subtle electric fire that for you sake is playing within me.



W.W: Calamus.
* O you whom I often and silently come.


( Oh, ti a quen a miúdo e caladiñamente me achego para estares contigo, / cando camiño ao teu lado, ou estou sentado ao teu carón, ou permanezo contigo na mesma habitación, / pouco sabes do sutil lume eléctrico que por ti vibra dentro de min.)

2013-07-29

Preciso axuda

              Xa sei que noutra ocasión pedín axuda para que alguén me insinase a cambiar ao galego o arquivo do blogue... Amparado no anonimato, se alguén o sabe, mo pode dicir? Coma todo o mundo imaxina son moi "básica" para manexarme coa edición do blogue, por iso preciso axuda.

2013-07-25

A dor

               A dor que sinten os familiares dos mortos no accidente de tren en Compostela debe ser infinita. Non hai nada nin ninguén que poda diminuir a pena, a tristura, o abatemento....As imaxes do descarrilamento son espantosas e nos dan unha idea clara do que alí aconteceu. As imaxes de todos os que puideron axudar, é un termómetro que pon en valor que o xénero humano, ante acontecementos terribles, saca o mellor de si mesmo. Demasiada dor...

2013-07-24

Motos

               As motos son para o verán ou, cando menos, para cando fai bo tempo. Prodúceme certa envexa velos pasar...  Noutro tempo, cando era unha inconsciente, manexando unha moto que non era miña, sen permiso e levando paquete, puiden non contalo e hoxe non estar aquí, perdéndome moitas cousas.... Algunhas veces, ser xoven é unha condena.

2013-07-23

Among the multitude

AMONG the men and women the multitude,
I perceive one picking me out by secret and divine signs,
Acknowledging none else, not parent, wife, husband, brother, child, nearer than I am,
Some are baffled, but that one is not-that one knows me.


W.W: Calamus.


( Entre os homes e as mulleres, na multitude, / Sinto que el me elixe grazas a sinais secretas e divinas, /Sen recoñecer a ningún outro, nin pai, nin nai, nin muller, nin marido, nin irmán, nin fillo, coma máis achegado a min, / Algúns se equivocan, mais el non se trabuca - el me coñece.)
 

Equilibrio

              A vida está sembrada de altibaixos, pero nós debemos de aprender a manter o equilibrio.... Nas cuestións do corazón é a adecuada proporción, entre as emocións negativas e as positivas, a que determina a nosa sensación de benestar.

2013-07-22

Proxectos vitais

              A meirande parte dos proxectos vitais que facemos os humanos teñen vocación de eternidade ou, cando menos, iso se pretende. Se planificamos facer unha casa, pensamos nos mellores materias para que teña tanta solidez que nos sobreviva. Se prantamos unha árbore, fantaseamos con que pode vivir centos de anos. Se temos fillos, pensamos que eles continuarán levando a nosa herdanza xenética cando nós xa non poboemos a terra. Se nos namoramos, pensamos que será para sempre mais o amor só ten vocación de eternidade; a durabilidade do amor ten que ver co desexo e o esforzo que cada quen poña para que o outro se sinta ben, especial, amado ....

2013-07-21

Oneguin fragmentado

ONEGUIN

     Pravda,
     dayot nam chtenye bezdnu pishchi
     dlya uma i syerdtsa,
     no ne vsegda sidyet nam mozhno s knigoi.



  ( É verdade,/ a lectura dános* alimento/ para a intelixencia e o corazón,/ pero non podemos estar sempre cun libro.)

* En realidade, o sentido da tradución debería ser " a lectura ofrécenos alimento".

2013-07-20

Escravos...

Ti fuches...
un home capaz de aceptar con igual faciana
os premios e os reveses de Fortuna...
Dáme a un home que non sexa escravo das súas paixóns
e o colocarei no centro do meu corazón,
ai! no corazón do meu corazón.
Como fago contigo...

                                     Hamlet ao seu amigo Horacio.              

2013-07-19

Brétemas

               Voltei xa da ría onde as brétemas ficaron case dúas semanas.... Algunhas veces pensaba na mítica Ávalon.               

2013-07-13

Reencontros

               A vindeira semana faime moi feliz polo que está por vir. Atopareime cunha das persoas que máis quero e que vive a centos de kilómetros de eiquí... Menos mal que na actualidade hai moitos medios para comunicarnos e falamos case tódolos días.

2013-07-08

Anuncios por palabras

               (...)


DOU CLASES de silencio
en todas as linguas
cun método de contemplación
do ceo estrelado,
da mandíbula inferior do sinántropo,
do salto do grilo,
das unllas do acabado de nacer,
do plancto,
da folerpa de neve.



                (...)


W. SZYMBORSKA: Versos escollidos.
Tradución de Lucía Caeiro.

2013-07-07

40 graos

               Estas altas temperaturas son a escusa perpecta para que os incendiarios actúen; crucemos os dedos e dexesemos que non haxa incendios. Estas altas temperaturas son a escusa perfecta para marchar á costa...

2013-07-06

Desconectar

                Levo varias semanas desconectada do que acontece no balón en que vivimos e certamente non me preocupa en absoluto. Supoño que estarán sucedendo cousas vitais para a humanidade e eu non me estou enterando. Pola tarde tentarei ir ao cine que tamén é outra forma de estar desconectado, esperando "sufrir" unha temperatura máis agradable. Durmir con 20 grados misión imposible...

2013-07-05

Convido

                Convido a facer das ficcións realidades, a dar unha volta polo límites da liña que debuxa os meus territorios, a conversar do que cada quen quera, a dicir a metade das verdades que ninguén pronuncia ....

Alejandra Pizarnik

               ***
EL POEMA que no digo
el que no merezco.
Miedo de ser dos
camino del espejo:
alguien en mí dormido
me come y me bebe.
            
             ***

A. Pizarnik: El árbol de Diana.

Autocontrol

               O proceso de autocontrol depende da vontade persoal, do querer. Este proceso levado ao extremo é destrutivo, acaba esnaquizando o noso ser. Non todo pode estar baixo a dirección do control, nin sentimentos nin accións...

2013-07-04

Recoñecemento

 RECONOCIMIENTO


TÚ HACES el silencio de las lilas que aletean
en mi tragedia del viento en el corazón.
Tú hiciste de mi vida un cuento para niños
en donde naufragios y muertes
son pretextos de ceremonias adorables.

                      Alejandra Pizarnik: Los trabajos y las noches.

2013-07-03

Expectativas dos educadores

               Rosenthal (1966) fixo un estudio no que se avaliaba as expectativas que tiñan os mestres sobre determinados alumnos. Comprobouse que bastaba darlle a un mestre a expectativa de que algúns membros da súa clase, elexidos ao azar, tiñan unha gran capacidade de mellora para que se optimizase o rendemento académico deses alumnos. Estes experimentos repetíronse moitas veces, co mesmo resultado.
               É moito máis probable que o mestre se esforce para facer que aprenda a resposta se cree que é un neno de capacidade alta máis ca se pensa que ten unha capacidade escasa. Noutros eidos da nosa vida sucede o mesmo: o noso ollar cara aos que nos agradan e os que nos gustan, sempre está cheo de expectativas positivas.

2013-07-02

La bohème

RODOLFO: (...)


                     Chi son? Sono un poeta.
                     Che cosa faccio? Scrivo.
                     E come vivo? Vivo.
                     In povertà mia lieta
                     scialo da gran signore
                     rime ed inni d´amore.
                     Per sogni e per chimere
                     e per castelli in aria
                     l´anima ho milionaria.
           

                    (...)


                    Or che mi conoscete,
                    parlate voi. Chi siete?
                    Vi piaccia dir?
                    

Empatía

               Empatía: A compresión das emocións.
1. Capacidade de asumir o punto de vista doutras persoas.
2. Maior empatía e sensibilidade cara aos sentimentos dos demáis.
3. Maior capacidade de escoitar ao outro.

                Pásome a vida facendo o exercio anterior e algunhas veces creo que comprendo as emocións dos demáis... mais non o sei.