2013-10-29

O latexo...

             Que mire o teu corpo sen máis luz que a túa, que a túa música estea preto da auga, do bosque, ligada ao latexo deste mundo que sinto agora nos meus beizos, que ti esteas no meu imaxinario, sempre é un milagre segredo...

2013-10-28

Lou Reed

              Desde que a miña memoria alcanza, recordo a Lou Reed pola súa música e pola súa vestimenta. De seguro que o barqueiro, que o levou cara a outra beira do río, estaría escoitando -entre outras-  Sweet Jane ...  nesa derradeira viaxe.

2013-10-27

A memoria das mans

HOY SON las manos la memoria.
El alma no se acuerda, está dolida
de tanto recordar. Pero en las manos
queda el recuerdo de lo que han tenido.


                     (...)

Salinas: " La memoria de las manos."

2013-10-26

De catro a catro

       Encadearemos adeuses de escuma
pra tódalas praias perdidas.
       Xuntaremos cuadernos en branco
da novela errante do vento.
        Pescaremos na rede dos atlas
ronseles de Simbad.

        E cazarémo-la vela
sobre o torso rebelde das tormentas
pra trincar a escota dunha ilusión.


Manuel Antonio: " Intencións " en De catro a catro.

2013-10-24

Impensable

              É sintomático o que está a suceder neste país, cando desde o Ministerio de Educación se insulta, se critica, se menospreza a todo o colectivo dos docentes e aos pais que non están (estamos) de acordo co desmantelamento da educación pública.
              De ningún xeito - coma sabemos - aturan que nos manifestemos en contra da LOMCE.  IMPENSABLE  que isto suceda nunha nación razoable.

Segue chovendo...

 
 
  
 

2013-10-23

Hai dous días...

              Hai dous días dinme conta de que perdín unha carpeta con información médica miña. Para min é moi importante recuperala. Non entendo que se alguén a atopou non a devolva. Estou un pouco triste por iso... Se atopase eu algo así, tentaría por tódolos medios devolvelo.

2013-10-21

Educación

          
 
 
O mesmo podería dicir da nosa maltratada e recortada sanidade pública.

2013-10-20

Coma outros...

             Alejandra Pizarnik dou un chimpo cara ao amencer, deixou o seu corpo xunto a luz e cantou a tristura do que foi nado; coma outros...

O Loxe Mareiro

 
                 Cociña que se sae das canles tradicionais; coa que eu personalmente disfrutei moito. Atención excelente. Contorna fermosa que poderemos apreciar con só achegarnos a Carril.
 
 
 
 

 
 
 

2013-10-18

Día de...

TODAS
UNIDAS
CONTRA
O
 CANCRO
DE MAMA.
 
 
HOXE,
MAÑÁ
E SEMPRE.
 

Coidemos o noso

                                                             Coidemos a nosa casa .
 

2013-10-13

Oxalá

              Oxalá o onírico e o real formasen un tándem identitario. Hoxe tiven un soño moi intenso, fermoso, desexado, agarimoso, real, esperado, onde verquía o que realmente sinto e penso... E fun moi feliz.

2013-10-12

Eidólons

               (...)

              Thy body permanent,
The boby lurking there within thy body,
The only purport of the form thou art, the real I myself.
              An image, an eidólon.

              (...)


W.W: Inscriptions.
 

2013-10-11

Lampedusa

              Hoxe emborcou, preto de Lampedusa, outro/a  barco/a  ateigado/a  de persoas que querían entrar en Europa para ter unha vida mellor. Estas persoas, desherdados da terra, tentan unha loucura porque xa non teñen nada que perder... Fronte a isto, fronte a supervivencia para acadar o básico, os nosos problemas cotidiáns carecen de importancia...

2013-10-10

3 millóns

               Segundo un informe de Cáritas hai xa 3 millóns de persoas que malviven neste país. Eu non vexo sinais de que isto vaia a cambiar en positivo. Logo, sae Montoro dicindo que somos a envexa do mundo, pola recuperación económica que experimentamos, e que os salarios en España están a subir. Se non fose porque este asunto é serio e produce dor en moitos fogares, poderíamos pensar que o ministro é o peor dos contadores de monólogos do clube da comedia.

2013-10-09

Razón de amor


                 (...)
en las fronteras últimas
de su ser terrenal
es donde se consuman
los amores alegres,
las solitarias citas
de la carne y las alas.


Pedro Salinas: Razón de amor.

2013-10-08

A ti

                                                        
                                                       A ti, que habitas no meu ceo...
 
 
 

2013-10-05

O desexo

              Os desexos dánnos ese pulo necesario para seguir ilusionados coa vida. Se non os tivesemos, estaríamos "mortos" ou, cando menos, derrubados emocionalmente. Desexar algo, desexar a alguén, desexar...

2013-10-03

Mercadorias

              Para os tipos que están a "gobernar" este pais, a sanidade e a educación son mercadorias. Que noxo!