2012-09-28

A vida

               Algunhas veces a vida ten coma banda sonora un bolero ou un tango ou ámbolos dous...

2012-09-22

Muller de auga salgada

               Quero ser unha muller de auga salgada e que ti debuxes o mapa do meu corpo: viaxe á humidade, percorrendo plegues e recunchos dun atlas exposto cara adentro. Quero este apaixonamento dos meus sonos que nos últimos días son pura carnalidade: tremores dun primeiro encontro cara a nosa Ítaca. E eu enriba de ti, como o desexo, como te quero..

2012-09-08

No Val do Dubra

             O vindeiro fin de semana en Bembibre vai a facerse o 2º Congreso de Bonsai de Galicia. As árbores alí levadas son espectaculares. Haberá tamén outro tipo de actividades como origami e ikebana. Deséxolles o mellor aos organizadores que ademáis son uns tipos estupendos. Iremos ata alí.

2012-09-07

O meu imaxinario

Acaricio os teus beizos
cada noite
no meu imaxinario.

O tic-tac do reloxio soa igual
que fai uns días
cando estabas aquí.

O teu barco
zarpou no solpor
cando as nubes abrazaron,
poñéndose de acordo,
un cincento ceo afortunado.

                (...)

A viaxe,
as mesmas singladuras,
os repetidos vaivéns do traxecto...

                      Máis aló do regreso,
                      máis aló dos recordos,
                      quero soñar
                                         a cor dese mar,
                                                                 a cor dos teus ollos.

2012-09-06

A cerimonia do adeus

               Nunca me gustaron as cerimonias dos adeuses; outros, disfrutan argallando festas de despedidas sorpresa, fermosos discursos ou cousas semellantes. A única verdade e que marchan os valiosos...

2012-09-05

Agardando ao puto amo

                Mañá chega a España o puto amo: a Merkel. En Moncloa a esperan co mellor dos sorrisos e esperando que exerza de deus. Nesta travesía polo deserto, esperan certamente que nos caia o maná para ter algo de alento no mundo volatil dos mercados. Logo, como na mellor versión dos deuses vingadores e inmisericordes, pediranos outros novos sacrificios. Oxalá a quen esperaramos fose a Godot.