2012-11-22
O señor K
Unha amiga miña devece polo señor K; creo que sería máis preciso dicir que o fai por unha parte do seu corpo. Obxectivamente é unha persoa que, se fixeramos unha enquisa, lle gustaría a todo o mundo. Ela , cando o ve, recréase pensando que non pode haber ninguén máis fermoso e harmónico, atlético e alto... A miña amiga polo que devece é polo seu pescozo e a súa noz, e lle gusta imaxinar que os percorre paseniñamente coa súa lingua e coa súa boca. Xa se sabe, soñar é gratis.
2012-11-18
As fiestras
As fiestras como metáfora da vida é unha idea que sempre roldou pola miña testa. Unha vida que vemos pasar pola ventá e unha vida que pasa detrás dela, no noso fogar. Unha fiestra como pretexto para artellar una novela como El túnel. E unha ventá desde onde se pode soñar que o tempo doutros métese no noso tempo...
2012-11-13
2012-11-12
Suscribirse a:
Entradas (Atom)