2013-08-31

Un xenio

               Aos xenios da composición e das metáforas teríamos que facerlles unha homenaxe de cando en vez...

2013-08-30

Aspiracións

        A aspiración que debe ter todo ser humano é ser feliz.... Eu engadiría que temos a obriga de selo, sobre tódalas cousas.

2013-08-29

O mellor

        Non hai nada mellor que degustar en boa compaña dunha cea, vendo o mar, chegándonos ese arrecendo a salitre que sempre está aí... e apurando os derradeiros días deste agosto.
 
 

2013-08-27

Vetusta Morla

           Fan autocrítica ao respirar; a marea deixoulles as súas illas asulagadas; eles berraron tamén  " sálvese quen poida", e pasou un día no mundo...

2013-08-26

U2

Despois do paso do tempo,  resisten...

  
 

Lonxe

Lonxe,
tan lonxe óese aquel susurro silencioso
que ninguén escoita
                           entre o rebumbio das ondas do mar.

Ese mar quedo, esa morte, ese silencio, esa agonía
                                                                                        calada,
tan preto.

                    Ti quedo,
                    ti silencio,
                    ti agonía calada,
                    pero fermoso cando as ondas baten na rocha
violentamente.



                              (...)                    

2013-08-25

Alma desnuda

Soy un alma desnuda en estos versos,
Alma desnuda que angustiada y sola
Va dejando sus pétalos dispersos.

Alma que puede ser amapola,
Que puede ser lirio, una violeta,
Un peñasco, una selva y una ola. 

Alma que como el viento vaga inquieta
Y ruge cuando está sobre los mares
Y duerme dulcemente en una grieta.


                    (...)


                          ALFONSINA STORNI: " Alma desnuda".

Ciclismo

              Onte comenzou a volta ciclista a España. A saída pola plataforma acristalada desde unha batea foi, cando menos, fermosa e distinta. As cores azuis do mar e do ceo estaban potenciadas na televisión como endexamáis as percibira antes... As imaxes aéras amosaban unha paisaxe dunha tonalidade verde e poderosa que ía misturándose coas zoas urbanizadas... E pensei que por vivir en Galicia, moitas veces non nos dámos conta do que temos.

2013-08-24

Recomendacións






              Se me propuxeran levar a unha illa deserta algún filme, sen dúbidas, escollería istes e algún outro máis...

Marcha nupcial

A LA CABEZA de mis propios actos,
corona en mano, batallón de dioses,
el signo negativo al cuello, atroces
el fósforo y la prisa, estupefactos

el alma y el valor, con dos impactos
al pie de la mirada; dando voces;
los límites, dinámicos, feroces;
tragándome los lloros inexactos,

me encenderé, se encenderá mi hormiga,
se encenderán mi llave, la querella
en que perdí la causa de mi huella.

Luego, haciendo del átomo una espiga,
encenderé mis hoces al pie de ella
y la espiga será por fin espiga.

                                                   22 oct. 1937

                                             César Vallejo: Poemas humanos.

2013-08-23

Voltar

            Apenas, tres días, voltarei a casa para ocuparme de distintos asuntos... Logo regresarei á praia e me encontrarei cunha amiga da nenez que vive desde fai anos en Italia. Sospeito que o noso encontro será cálido e que faremos esa historia- resumo das nosas vidas que sempre está presente neses momentos...

2013-08-21

Arrepentimentos

                Arrepentirse do que un fixo nalgún intre é un sinsentido, pero o arrepentimento que xurde por algo que nunca se fixo é unha loucura...

2013-08-19

Na ría


Tempo de lecer

            Neste tempo de lecer teño soños moi reveladores.... É abraiante como o subconsciente opera e nos dá, algunhas veces, as claves para explicar o noso mundo consciente.
           Neste tempo de lecer disfruto con libros moi quentes...
               

2013-08-18

As preferencias

                O actor, nunha entrevista recentemente publicada, respostaba que prefería pasar dez anos cunha muller que dez minutos... Dicindo cousas deste tipo, Pattinson resulta aínda máis fascinante.

2013-08-16

Artemar

         Se se quere pasar un bo rato no eido culinario, non hai nada coma achegarse a Santa Uxía de Ribeira a Artemar. Probade e disfrutaredes moito.




2013-08-08

Traxicomedia

              H. Walpole dixit: " A vida é unha comedia para os que pensan e unha traxedia para os que sinten". Eu sempre sostiven que é unha traxicomedia para todos...

2013-08-07

Cando quedas quedo

Cando quedas quedo,
en silencio,
dáme medo
ficar ao teu lado
cando transitas nese túnel


PROFUNDO
do teu vivir.


Cando quedas quedo...
tan só son unha nena
no berce
             do teu colo.

2013-08-04

MUJA






 



                 Evocando a Monterroso: Cando despertei, o dinosaurio inda estaba alí.

2013-08-03

Deficit tarifario

              Están a contarnos que haberá unha suba na tarifa da electricidade de algo máis do 3% debido ao deficit tarifario. Logo, a modo de xustificación, nos comunican que do resto se encargará o Estado. E eu, ollo-prát-ica, pregunto: quen será o Estado que tan xenerosamente fai esta aportación?

2013-08-02

Sabor a vida

              Algunhas veces case é obrigado mercar un producto porque a súa recadación - parcial ou total- vai a unha boa causa. O libro Sabor a vida é altamente recomendable posuíndo ademáis un fin solidario. Os meus parabéns para Kike Piñeiro que é o coordinador desta edición.
 


2013-08-01

Explicacións

               Nestes intres, tódalas canles de TV importantes están a retransmitir as explicacións que o presidente Rajoy dá sobre o acontecido co extesoreiro do PP. Nun primeiro momento, as súas afirmacións recordaron as do Rei: " lo siento, me he equivocado". Equivocación que ven dada porque un se fía doutra persoa... Non serei eu a que poña en dúbida isto mais non atopo, en todo o dito, unha explicación que non semelle un discurso para pasar o trámite.