O timbal de cuscús con polo e verduriñas achéganos aos sabores da cociña árabe tan de moda en Occidente nestes intres. Este local ubicado na zoa de tránsito, entre a zoa vella e a nova da cidade compostelá, posúe un ambiente agradable e unha decoración sinxela e minimal que me gusta.
2013-11-18
2013-11-16
Singulario
Hoxe outro percorrido polo concurso de tapas en Compostela. Singulario ofrece dúas tapas: Xabarín con castañas e setas, e a castaña doce. Productos de tempada, por suposto. Inda que só sexa por degustar no padal a tapa-postre paga a pena achegarse a este local. Sendo honesta, direi que é un dos mellores postres que comín desde hai moito tempo; sendo honesta, recomendo ir porque aos clientes os tratan moi ben...
2013-11-15
2013-11-13
De profundis...
Desde o máis profundo da miña conciencia, hoxe é un día para emitir un gran laio universal. Once anos despois, polo afundimento do Prestige, todos están absoltos; non hai responsables, como se endexamáis acontecera cousa algunha. No profundo do mar debe quedar a ferralla desta embarcación afundida; no profundo da conciencia colectiva debe ficar unha lembranza anubrada; no profundo do meu corazón, mágoa...
2013-11-11
2013-11-10
Garum e sorpresas
Hoxe fumos ao Garum a tomalas tapas. Este local hai tempo quería coñecerlo e cando entrei xa atopei a primeira sorpresa: alí estaba alguén a que non vira fai máis de 20 anos. A miña segunda e grata sorpresa foi que a miña filla disfrutou comendo falafel de polbo e atún escabechado con crocante de arroz e wasabi. As tapas estaban realmente ben, moi boas.
2013-11-09
Muscala
Inda que o comenzo do partido foi prometedor o Obradoiro perdeu, debido ao desacerto propio... O meu gran convencemento é que Muscala será un gran xogador - tamén podería usar o presente mais non o farei. Agora toca cruzalas dedas e que non se manque.
2013-11-08
Algunha vez....
Algunha vez temos que deixar de vivir a nosa vida en función dos demáis; algunha vez teremos que dar un paso cara adiante; algunha vez...
2013-11-07
Eliseo Diego
NOVIEMBRE
HE VISTO caer las hojas del ansioso Noviembre
con la belleza oscura de un gesto irreparable.
Y en cada hoja he visto caer el peso leve
de todo lo creado.
He visto, en fin, caer las hojas
del ansioso Noviembre que nos ama.
HE VISTO caer las hojas del ansioso Noviembre
con la belleza oscura de un gesto irreparable.
Y en cada hoja he visto caer el peso leve
de todo lo creado.
He visto, en fin, caer las hojas
del ansioso Noviembre que nos ama.
2013-11-05
Deputados e familia
Os dons deputados e as donas deputadas, despois de que todos víramos coma saían, batendo tódolos records de velocidade (antes dunha ponte) do Congreso, argumentan que teñen dereito tamén a ver aos seus fillos e ás súas familias. Eu comprendo totalmente o seu penar, xa que ir a Madrid o martes e voltar o xoves é un sacrificio importante que fai tambalear a estructura de calquer familia. E todos estes sacrificios para salvar a patria...
2013-11-04
Na enfermidade...
Un, na enfermidade, espera que o acompañen ou, cando menos, sentirse acompañado por outro... O que retrata aos demáis, nestas circunstancias, é que voluntariamente se queden ao carón dun, con tódalas consecuencias...
2013-11-03
A cepa
Sempre que vaiamos ao aeroporto de Alvedro, podemos ir a xantar a locais coma o mesón A cepa. O trato é agradable i está ubicado preto da Ría do Burgo.
Cronos
Cronos, nos últimos anos, postúlase coma o mellor atleta de tódolos tempos. Usain Bolt está abraiado ao velo batir incluso as súas propias marcas... Cronos, cada vez máis veloz, coma se estivera pelexado con todos nós e fuxise, para que non nos demos achegado a el...
2013-11-02
Os eidos
Anda o vento ceibe polos eidos
con tódalas áas soltas,
brúa nos castiñeiros,
ripa as lousas dos teitos
i escachafoula nas portas.
(...)
Uxío Novoneyra: Os eidos.
con tódalas áas soltas,
brúa nos castiñeiros,
ripa as lousas dos teitos
i escachafoula nas portas.
(...)
Uxío Novoneyra: Os eidos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)