2014-12-31
2014-12-29
A túa imaxe
A túa imaxe, melancólica,
no cristal como un debuxo
en dúas pinceladas,
borrada pola chuvia,
é a imaxe dun neno que mira cara adentro
bailando cos seus recordos
no cristal como un debuxo
en dúas pinceladas,
borrada pola chuvia,
é a imaxe dun neno que mira cara adentro
bailando cos seus recordos
e co que quixo ser ...
2014-12-23
Galletas
Con estas galletas tan apropiadas para este tempo de Nadal despedímonos do blogue por esta tempada . As fixo a miña filla cun amigo nun obradoiro de repostería. Ata o vindeiro ano.
2014-12-22
Botar de menos no Nadal
Din que no Nadal bótase moito de menos aos que xa non están connosco; dinno como se ese sentimento se metamorfosease en amplificación nestas datas. Eu non participo desa sensación: sempre estou a botar de menos aos mesmos, coa mesma intensidade, tódolos días da miña vida, porque foron e son fundamentales no meu periplo vital.
2014-12-20
Momentos máxicos.
As celebracións entorno á comida son fantásticas e as sobremesas con guitarra, trompeta ... e voces dan momentos máxicos impagables.
2014-12-18
2014-12-17
Hoxe
Hoxe estiven tomando café con Alfredo, mestre meu no tramo dos dez aos catorce anos, e cun amigo común de ámbolos dous, Gonzalo. Todo foi moi agradable. Eles comparten a tese de que un matrimonio dura se non se ve moito á parella e desde a bancada feminina pénsase o contrario. Supoño que ser home ou muller tamén condiciona, moito máis do que se pensa, a análise da realidade.
2014-12-15
A dor allea
A dor allea a percibo con certa tristura pero enfrontarse á dor dun fillo, e non saber ben que facer ou dicir, é terrible.
2014-12-13
Cartas
Neste intre acabo de escribir dúas cartas, unha para Italia e outra para Lugo. Dúas cartas de felicitación para o Nadal, un xesto antigo mais romántico en certo senso. Do que estou segura é que quenes reciben estas misivas, estarán ben contentas. Teño que empezar co correo electrónico mais non sei cando. Fora vai frío e chove.
2014-12-12
2014-12-11
2014-12-10
A vida ...
Hoxe, falando cunha das persoas que máis quero, dicíame que a súa vida non é nin por asomo o que ela pensaba. Pode que o que un estea a vivir non se semelle a nada do que un se plantexa nun primeiro intre pero está nas nosas mans cambialo.
2014-12-09
Ceas
Neste mes de decembro temos multidude de ceas ... Este ano tamén me toca a min e estou desexando que chegue o 19. Estou segura que o pasarei moi ben cos meus compañeiros de música e cos mestres. Cea de adultos, por suposto.
2014-12-08
Política
Quero pensar que inda hai xente que, a pesares que se adiquen á actividade política, teñen dúas cualidades que eu valoro sobre tódalas cousas nas persoas: honradez e coherencia. Ista é a reflexión dunha persoa desencantada na actualidade - coa política en xeral- e que noutro tempo estaba comprometida cun ideario político definido. E quedou niso: ideario.
2014-12-07
2014-12-06
Sinto
Sinto, no profundo, esa "desesperación" polo que non aconteceu e quizáis noutro tempo puido ocorrer: percorrido por dous corpos espidos, engaiolados neles mesmos. Eu, enriba de ti ...
2014-12-04
O fascinante ...
Se todo o que aparece a traverso de canles coma ista fora certo, algunhas persoas resultarían absolutamente fascinantes. Mais como non o sabemos, todo pode ser susceptible de seres razoablemente dubidable ...
Hoxe decateime de que alguén que coñezo segue o que escribo noutro foro e se está a facer unha idea sobre o que son na realidade que, no mellor dos casos, non é. En fin, as ficcións para min seguen a ser marabillosas, universos desodeados por explorar.
2014-12-02
Rematando ...
O ano vai rematando e aquí sigo, cada vez enchéndome máis de tarefas novas a miña vida ... Ao vindeiro ano só debo pedirlle saúde para os meus e algunha que outra cousa que non vou a dicir porque dese xeito xa saberíades tanto coma min.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)