2015-09-24

Decepcións

                 Día realmente triste, absolutamente decepcionada e "tocada" mais non afundida. Algunhas actitudes son para min incomprensibles sobre todo cando parten da familia ... Asimilar e continuar.

2015-09-21

A Barcala

               Hoxe, pensando que a nena coa que estaba falando era de Terras de Santiago, acabei enteirándome de que vivía nunha zoa moi concreta de A Barcala. Ocurreuseme dicir que a miña filla tivera un mestre daquela terra e dixenlle a súa nai o seu nome e apelidos. Respostou que non o coñecía e me quedei cortadísima porque sigo a pensar que é imposible que non soubese quen é porque esta persoa ten proxección pública nos últimos tempos polo que teño entendido. Só caben dúas posibilidades: que sexa allea ao que acontece na súa terra ou que non me quixese dicir que o coñecía.  

2015-09-17

Contar contigo ...

                    Ante calquer situación que veña de cara, os nosos fillos tan só esperan de nós que esteamos ao seu carón para axudalos, acompañalos e entendelos ... Eles contan connosco.

2015-09-12

Positiva ...

              Onte despois da xornada escolar a pequena fixo un resumo abreviado do día. Emocióname pensar que na forma de ser parécese a min. O seu ollar é positivo cando avalia a xente porque cando se enfronta a realidade o fai  sen prexuicios e cunha mirada limpa. Pois si, temos a manía de ter a tendencía de que - a priori- fagamos valoracións positivas das situacións, dos lugares, da xente ... 

2015-09-04

Separacións

               Hoxe comprobei que son totalmente allea ao que pasa ao meu redor: moitas parellas das que coñezo, separáronse. O curioso é que parecían, en algúns, casos de parellas ideais e o que comenta a persoa que marcha é que quere vivir. A traducción é sinxela: priorízase un mesmo sobre os fillos, as familias, o compartido, as amizades en común. Cada quen debe vivir a súa vida como considere oportuno. O que non é doado é atopar o equilibrio para seguir adiante, sen pensar nun mesmo, sen facerlle dano a ninguén ...
             

2015-09-01

Por fin Setembro ...

              Por fin Setembro, un mes fabuloso inda que moitos pensen que voltar a rutina é custoso.