I celebrate myself,
And what I assume you shall assume,
For every atom belonging to me as good belongs to you.
I loafe and invite my soul,
I lean and loafe at my case .... observing a spear of
summer grass.
2012-12-24
2012-12-16
BO NADAL
A todos os que ledes isto, DESÉXOVOS UN BO NADAL NA COMPAÑA DOS VOSOS FAMILIARES E AMIGOS e que a esperanza, neste tempo anubrado, permaneza nos vosos corazóns.
2012-11-22
O señor K
Unha amiga miña devece polo señor K; creo que sería máis preciso dicir que o fai por unha parte do seu corpo. Obxectivamente é unha persoa que, se fixeramos unha enquisa, lle gustaría a todo o mundo. Ela , cando o ve, recréase pensando que non pode haber ninguén máis fermoso e harmónico, atlético e alto... A miña amiga polo que devece é polo seu pescozo e a súa noz, e lle gusta imaxinar que os percorre paseniñamente coa súa lingua e coa súa boca. Xa se sabe, soñar é gratis.
2012-11-18
As fiestras
As fiestras como metáfora da vida é unha idea que sempre roldou pola miña testa. Unha vida que vemos pasar pola ventá e unha vida que pasa detrás dela, no noso fogar. Unha fiestra como pretexto para artellar una novela como El túnel. E unha ventá desde onde se pode soñar que o tempo doutros métese no noso tempo...
2012-11-13
2012-11-12
2012-10-29
SANTIAGO (é) TAPAS
O concurso de tapas de Santiago de Compostela invítanos a voltar á cidade e paladear nos vindeiros días unhas tapas ricas-ricas. As do Abastos 2.0 teñen unha pinta estupenda; iremos a paladear o sushi, feito a man... e o RoupaVella 2.0, se atopamos sitio. En A viña de Xabi hai tres tapas cunha pinta boísima: 1. Sesión vermú; 2. Outono; 3. Queixiños de Camembert con pistacho e froitos vermellos. Calquer local e/ou ruta que elixamos será, de seguro, un acerto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)