2013-04-21

Non pode evitalo

               Miña amiga segue a devecer polo señor K e non pode evitalo... Ista é unhas das poucas cousas que non son reprochables e/ou reprobables segundo o meu parecer.

Golpes, mazazos...

               Hoxe para o afeccinado do Blusens-Monbus é un golpe que o equipo perdera; para o equipo un mazazo para as súas aspiracións pero non sempre se pode gañar... Se non defendes ben e axeitadamente métenche as canastras e logo comenzas a fallar tamén nos tiros. Nada máis que engadir porque non direi nada sobre momentos puntuais da arbitraxe.

2013-04-20

Patria ilusoria

              Patria que te ergues ilusoria, presente no meu imaxinario, mergullada no meu corpo, recordada nesa melodía... Patria ilusoria, espero chegar máis aló desas alfándegas, destas bandeiras... para, cun voltar de pés no escuro, atoparte. 

Concurso de patinaxe

                Acabamos de chegar dun concurso de patinaxe no que participaba o meu Claro de Lúa. O grupo dela está escomenzando esta andaina pero, inda así, teñen igualmente nervios e están en tensión... Non é un deporte doado e supón un grande esforzo; como tantas outras cousas nesta vida...

2013-04-19

SERGAS

               As autonomías reduxeron un 61% no gasto sanitario e non creo que Galicia estea noutras condicións. Sen inversión non se pode facer case nada pero ista é a coxuntura que nos toca vivir. Desde o eido político nos contan que a sanidade pública vai fenomenal... pois non será no meu caso, que levo esperando unha intervención cirúrxica máis de ano e medio. Me suxiren que faga unha reclamación. Se a un amigo meu, por algo que tiña certo grado de prioridade, o operaron despois dun ano, eu xa podo esperar...

2013-04-18

Apuntes


                 "Un só ve o baleiro, busca por tódolos recunchos e non se atopa a si mesmo."

                                                                 Kafka: Diarios.

                  "El escribiuse en anacos."

                                                      Canetti: Apuntes (1942-1993)

2013-04-17

Deber e sacrificio

              Non deixemos que nos enganen con falsas palabras sobre o deber e o sacrificio.