2014-09-08

O voluntarismo

               Hai anos alguén me dixo que querer ou non a outro dependía tan só da súa vontade. Oxalá puidese suceder iso: deixar de querer a alguén ou ben amalo por puro voluntarismo. Creo que ese mecanismo é máis irracional do que moita xente pensa, polo menos no que a miña persoa respeita. Se todo se reducise a pura vontade resolveríamos mellor todas as situacións da nosa vida e sufriríamos menos. E a pesares de todo, prefiro estar mergullada nese mar ferido de dúbidas de ... bendita irracionalidade.

2014-09-07

Xente xenerosa

               Hoxe estiven cunha persoa marabillosa que ten moito que ver coa formación académica da miña filla. Hoxe foi xenerosa con nós porque nos agasallou co seu tempo de lecer para axudarnos a escoller un instrumento. Hoxe estou agradecidísima porque non todo o mundo ten este tipo de atencións cun alumno.
                Hoxe ...

2014-09-06

Pesas

               O meu fervello levaba tempo insistindo en que collese as pesas que andan pola casa e fixese exercicio. Onte o fixen i ela sentenciou: " (...) estás oxidada." E ten razón. Moitas gargalladas, por suposto.

2014-09-05

Intereses

               Co paso dos anos decátome de que, cada vez, a procura dos meus intereses é máis limitada: moitos dos asuntos que antes me fascinaban xa non importan case nada; o grupo de persoas coas que me gusta ter relación vai minguando; as aficcións cada vez máis reducidas ... mais, o pouco co que disfruto, faime realmente sentirme ben.

2014-09-02

Esa porta ...

               Esa porta non abre cara a ningún retorno mais está a punto de abrirse na parede final do mesmo soño; esa porta non é pregunta; é sentenza de chumbo ...