2013-12-23

Para os nenos...

                                                       Monecos que fixo a miña filla.

 

2013-11-18

Malak

 
 
              O timbal de cuscús con polo e verduriñas achéganos aos sabores da cociña árabe tan de moda en Occidente nestes intres. Este local ubicado na zoa de tránsito, entre a zoa vella e a nova da cidade compostelá, posúe un ambiente agradable e unha decoración sinxela e minimal que me gusta.    

2013-11-16

Singulario

             Hoxe outro percorrido polo concurso de tapas en CompostelaSingulario ofrece dúas tapas: Xabarín con castañas e setas, e a castaña doce. Productos de tempada, por suposto. Inda que só sexa por degustar no padal a tapa-postre paga a pena achegarse a este local. Sendo honesta, direi que é un dos mellores postres que comín desde hai moito tempo; sendo honesta, recomendo ir porque aos clientes os tratan moi ben...


2013-11-13

De profundis...

               Desde o máis profundo da miña conciencia, hoxe é un día para emitir un gran laio universal. Once anos despois, polo afundimento do Prestige, todos están absoltos; non hai responsables, como se endexamáis acontecera cousa algunha. No profundo do mar debe quedar a ferralla desta embarcación afundida; no profundo da conciencia colectiva debe ficar unha lembranza anubrada; no profundo do meu corazón, mágoa...

2013-11-11

Tafona

               Dinme que, nos últimos tempos, este local é o gañador do concurso de tapas en Compostela.