2013-09-28

28

              Un día coma hoxe naceu o meu claro de lúa. Non é casual que, cando ela tiña coma berce o meu ventre, escoitara a Debussy. Xa pasaron uns cantos anos e o compositor segue apaixoándome e ela máis. Endexamáis pensara que se podería vivir con esta sensación de eterno namoramento que só se pode ter polos fillos... O certo é que morro por ela e morrería sen ela; con ela, as cousas cobran sentido e o que importa xira entorno a ela...

2013-09-27

Pedro Salinas

¡SI ME LLAMARAS, sí,
si me llamaras!


Lo dejaría todo,
todo lo tiraría:
los precios, los catálogos,
el azul del océano en los mapas,
los días y sus noches,
los telegramas viejos
y un amor.
Tú, que no eres mi amor,
¡si me llamaras!

              (...)

Pedro Salinas: La voz a ti debida.


       Recomendo ler en toda a súa extensión  La voz a ti debida.
       Este título está tomado da " Égloga III" de Garcilaso, e pon de relieve, desta maneira especial, o diálogo coa tradición.

Casa mental

               As casas mentais nas que habitamos, ás veces, son máis amables, confortables e desexables ca realidade na que estamos instalados de maneira cotidiá.

2013-09-25

Momentos.....

               Tódolos momentos que non compartimos cos que queremos son accións de perda dos demáis e de nós mesmos...

2013-09-24

Vulnerables

               Sempre me gustaron as persoas vulnerables porque lles afecta o que acontece ao seu arredor... Desconfío daquelas que, no seu propio ensimismamento, só falan do seu ego; quizais porque supoño que case é imposible que se poñan na pel dos demáis.

2013-09-23

Peter Pan dixit

              " Pensa cousas prodixiosas - explicou Peter Pan - e elas levantarante no aire." 

                        

Doenzas graves ou crónicas

               A partires de Outubro, os pacientes con doenzas graves ou crónicas que se poñan a tremer... Outro copago do 10% nos medicamentos que se dispensen nos hospitais. Se un se atopa fodido pola enfermidade, tamén o estará por esta taxa. Cada vez máis, os vulnerables son os que estarán a manter a aparataxe deste Estado. O único que se pasa pola testa, en relación aos lexisladores, é que son uns amorais e uns f.d.p... Xa cruzaron tódolos límites e non lles importa.

2013-09-21

Naufraxio ...

NAUFRAGIO INCONCLUSO


ESTE TEMPORAL a destiempo, estas rejas en las niñas de mis ojos, esta pequeña historia de amor que se cierra como un abanico que abierto mostraba a la bella alucinada: la más desnuda del bosque en el silencio musical de los abrazos.


                                                                   ALEJANDRA PIZARNIK

2013-09-20

O home tranquilo

               O home tranquilo comentou, en rolda de prensa, que xa se lle gañou outras veces a Francia e que hai razóns para pensar que o volverán a facer. Espero que Orenga, despois do resultado contra Serbia, non estea a gabarse dunha victoria por adiantado xa que, como todos sabemos, calquer equipo pode ser derrotado en calquer intre; cada partido é único.

2013-09-19

...se non me atoparas

                            (...)

Failing to fetch me at first keep encouraged,
Missing me one place search another,
I stop somewhere waiting for you.


W.W: Songs of myself.



       (Non te desanimes se non me atoparas,/ Se me perdera nun lugar, búscame noutro./ Nalgures espero por ti.)

2013-09-16

LaCama

              As emocións que fai tempo non tiña voltaron hoxe; quedaran adormiñadas... Acabo de chegar á casa dun concerto do que disfrutei moito e no que voltou a emoción que, noutro tempo, sempre xurdía en eventos de semellantes características. O cuarteto vocal LaCama é estupendo e xeneroso en escea... Alí no concerto fun feliz; foi esa clase de felicidade que lembras con ledicia e, cando pasan os días, pensas que voltarías a ter esa experiencia - outra vez - sen dubidalo.

Botar de menos

               No meu periplo vital boto de menos a dúas persoas, moito; precisaba que estiveran eiquí coma o aire que necesito para respirar...

2013-09-14

Hábitos

              O periodo de adaptarse a nova/vella realidade comenza por instalarnos nela voltando aos hábitos que tíñamos... A miñas longas camiñatas fanme sentir ben mais, hoxe, leveino un pouco costa arriba...

2013-09-09

Norberto Bobbio

              Eu, coma Norberto Bobbio, penso que a extrema esquerda e a extrema dereita son o mesmo; ao final, hai puntos coincidentes na súa manifestación. Altamente recomendable calquera dos escritos deste pensador da democracia.

2013-09-07

Epic

               Onte tocou ir ao cine, e como non, fumos a ver Epic. A sala estaba chea de pais con fillos mais sospeito que aos adultos que, estabamos alí, tamén nos gustan os filmes de debuxos. E iste, en concreto, encantounos.


 

2013-09-06

Darest thou now O soul

DAREST thou now O soul,
Walk out with me toward the unknown region,
Where neither ground is for the feet nor any path to follow?

                               (...)

W.W: Whispers of heavenly death.



        ( Atréveste agora, oh alma,/ a camiñar comigo cara á rexión descoñecida,/ onde non hai chan para os pés nin corredoira que seguir?)

2013-09-05

Eslovenia - España

              Cando uns non fan suficiente, perden. Esperemos que nos próximos tres partidos España sexa quen de gañar...

2013-09-03

Tatoo

 



A emoción

              Acabo de chegar a casa de atoparme cunha amiga que fai moitos anos vive en Italia... Os encontros sempre están cheos de emocións positivas. Impresionoume, fondamente, a súa emoción cando nos atopamos. Sentir emocións, polo alleo ou polo propio, é o máis salientable que hai en nós.