28
Un día coma hoxe naceu o meu claro de lúa. Non é casual que, cando ela tiña coma berce o meu ventre, escoitara a Debussy. Xa pasaron uns cantos anos e o compositor segue apaixoándome e ela máis. Endexamáis pensara que se podería vivir con esta sensación de eterno namoramento que só se pode ter polos fillos... O certo é que morro por ela e morrería sen ela; con ela, as cousas cobran sentido e o que importa xira entorno a ela...
No hay comentarios:
Publicar un comentario