Encadearemos adeuses de escuma
pra tódalas praias perdidas.
Xuntaremos cuadernos en branco
da novela errante do vento.
Pescaremos na rede dos atlas
ronseles de Simbad.
E cazarémo-la vela
sobre o torso rebelde das tormentas
pra trincar a escota dunha ilusión.
Manuel Antonio: " Intencións " en De catro a catro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario