A estas alturas da miña vida voume matricular nunha escola de música. A verdade é unha das cousas que máis ilusión me fai inda que non sei se a esta idade adulta me farei co instrumento de vento que pretendo tocar. Para min a música é moi importante xa que me produce emocións que non acado con outras cousas; asino composicións musicais ás persoas que me importan moito; admiro fondamente aos que conseguen transmitir sensacións emocionantes cos instrumentos e/ou co seu aparato fonador...
Unha nova "aventura" que espero non abandoar e que se alongue no tempo, sempre que me produza, sen dúbida, felicidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario