Estiven ausente no camiño desértico das emocións, cando xa non estabas eiquí. O estiven, do mesmo xeito, cando os meteoritos caían enriba de nós; quizáis devastadores ás veces ... Entón, ese sentimento facía que o universo se desdibusaxe, cando o teu ollar non chegaba a ser latexo febril - latexo lunar - no meu ceo ... E, de súpeto, chegaron as voces proféticas que se converteron en constelacións e ti no meu derradeiro e único tesouro.
2014-07-24
2014-07-23
2014-07-22
Parar o tempo
Parei o tempo interminablemente longo, da vida interminablemente breve ... ata chegar a ti.
2014-07-21
2014-07-19
No vento ...
No vento están as verbas que percorren tódolos recunchos do meu corpo, paseniñamente; non podo verbalizalas xa que fuxirían do meu carón ... e ti con elas.
2014-07-18
2014-07-17
Na espera
- de que me confirmen ou deneguen o acceso a escola de música.
- de que a espalda doa menos.
- de que chegue a miña irmán a Galicia.
- de que cando vaia outra vez cara o sur, haxa sol.
- de que a miña xente esté ben.
- de que os amigos e a xente que aprecio acaden facer o que desexan.
- de que poda ser máis feliz...
2014-07-16
2014-07-15
Unha palabra ...
Unha palabra pode abrir unha porta, pode dar sentido a todo, pode saltar as alfandegas individuais, pode nomear ao non nomeado, pode facernos comprender ... cunha palabra.
2014-07-14
O muro...
Entón abréuse un muro e entraches neste cuarto coma nunha habitación que non ten saídas e na que estás sentado, ollándome, noutra soedade semellante a da miña vida.
2014-07-12
2014-07-07
Sobre as ondas ...
Sobre as ondas, debaixo deste ceo cincento, os meus soños alónxanse coma os barcos ...
2014-07-05
Thou reader
THOU reader throbbest life and pride and love the same as I,
Therefore for thee the following chants.
Ti lector, latexas vida e orgullo e amor coma min,
para ti, entón, as seguintes cantigas.
W.W.: Inscriptions.
Therefore for thee the following chants.
Ti lector, latexas vida e orgullo e amor coma min,
para ti, entón, as seguintes cantigas.
W.W.: Inscriptions.
2014-07-04
2014-07-03
2014-07-02
A muller que desexa
A muller de auga salgada, desde o peirao, pensa naquela paixón devastadora e desexada ...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)