2013-04-16

Quen quera que sexas...


WHOEVER you are holding me in hand,
Without one thing all will be useless,
I give you fair warning before you attempt me further,
I am not what you supposed, but far different.
                             (...)


W.W: Calamus.


                       Quen quera que sexas, tesme neste intre da man,/ Si falta unha cousa todo será inútil,/ Advírtoche lealmente antes de que pretendas nada de min,/ Eu non son coma ti supoñías, senón moi diferente.

Boston

               Imaxino como se deben sentir os bostonianos e todos aqueles que acudían a unha festa do deporte... O home é un lobo para o home. Poderán pasar séculos é non seremos quen de aprender algo. Sospeito que a colocación destes artefactos teñen que ver coas loucuras e transtornos dos chamados inimigos interiores inda que eu non sei nada ao respeito (e sobre outras cousas tampouco).
              A miña máis sinceira solidariedade con todos os que sufriron estes actos criminais esperando que identifiquen a estes asasinos canto antes e que paguen por elo... Así sexa. 
                                                                                                                   

2013-04-14

MOHER


Escoítote
nas badaladas de Rosalía,
nos versos de Whitmann,
nos cantís de Moher        
e na emoción de lembrarte. 
                (...)
 
 
 








2013-04-12

Estar fodidos

                Nestes momentos hai demasiadas cousas que suceden polas que nos podemos dar por fodidos e, ao mesmo tempo, estar fodidos... Nin quero, nin debo ser máis explícita.

2013-04-11

Gorki

                Recomendo o libro de Gorki   A nai  porque foi un precursor do movemento obreiro, porque retratou unha época na que se estaban producindo cambios profundos na relación entre as clases sociais, porque é un novelista duro, implacable nas súas tendencias, mais cheo de paixón e humanidade... Escribiu   A nai  en 1906 e estivo retocándoa ata 1922 cando aparece a súa versión definitiva. Eisenstein fixo, a partires deste libro, un filme de gran éxito, e Bertolt Brecht unha adaptación teatral.

                 Desideratum: gocemos da lectura.

2013-04-10

A única certeza

               Do único que podemos estar certos é que somos seres para a vida e seres para a morte...