2013-04-11

Gorki

                Recomendo o libro de Gorki   A nai  porque foi un precursor do movemento obreiro, porque retratou unha época na que se estaban producindo cambios profundos na relación entre as clases sociais, porque é un novelista duro, implacable nas súas tendencias, mais cheo de paixón e humanidade... Escribiu   A nai  en 1906 e estivo retocándoa ata 1922 cando aparece a súa versión definitiva. Eisenstein fixo, a partires deste libro, un filme de gran éxito, e Bertolt Brecht unha adaptación teatral.

                 Desideratum: gocemos da lectura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario