Levo toda a semana cometendo erros sen querer. Erros cando escribo, cando vou no coche, cando realizo algunhas tarefas cotidiáns... Mentalmente estou noutro planeta e logo empéñome en estar pendiente do meu propio corpo e iso tampouco axuda.
Estou a laiarme dos meus erros e só cabe pensar que todos os cometemos. Incluso a sabiendas. Como cando lle escribo a alguén, que noutro tempo corrixeu o meu modo de expresarme facéndome bastante gracia. Eu espero que volte a facelo mais non o fará.
2014-04-09
2014-04-08
Analxésicos
Menos mal que existen pílulas para toda clase de dores, as físicas e as da alma, xa que de outro xeito sería imposible que nos movésemos, ás veces, ao longo do día ... A farmacopea é a nosa táboa de salvación.
2014-04-07
A pel marmórea
A núa e marmórea pel
que visita outras mornas...
(...)
A túa pel que habitou,
esvarándose paseniñamente nos periplos cara a Ítaca,
noutro tempo,
nalgures,
de nordés
armada,
dicindo verdades
e argallando ficcións.
(...)
que visita outras mornas...
(...)
A túa pel que habitou,
esvarándose paseniñamente nos periplos cara a Ítaca,
noutro tempo,
nalgures,
de nordés
armada,
dicindo verdades
e argallando ficcións.
(...)
2014-04-06
2014-04-04
Ítaca II
Retorno a Ítaca lembrando os acontecementos dos derradeiros tempos, pensando que todo é posible cando ti estás, sabendo que o eterno retorno está colgado nunha quimera e que outros empéñanse en vivir na repetición da repetición de maneira cotidiá; imaxinando o inconfesable...
Retorno cara a Ítaca.
Retorno cara a Ítaca.
2014-04-02
Por dignidade
Todos deberiamos mobilizarnos para esixir que algunhas cousas funcionen por e con dignidade inda que moitos prefiren contemplar a realidade desde fóra e non implicarse.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)