2013-02-15

Manuel Antonio

          

              Soneto de Manuel Antonio en Poesía galega completa  (Ed. Xerais, 1987) ; datado en Coruxo o 22 de Agosto de 1966:


Tiñas o vento e a gueivota amigos;
a noite a teu redor por compañeira;
tiñas o mar para unha longa xeira,
e un amor sin amante e sin testigos. 

Todo o tiñas de teu... e nada tiñas,
a non ser a fervenza do teu peito,
lastimado de lóstregos, maltreito,
polas salgadas virazóns mariñas.

Fuche e viñeche, coma quen atopa
un verso longo que, de proa a popa
vai retorcendo fíos para o canto.

E, cando un día te deixache quedo,
tiñas nos ollos un afán segredo
e nos beizos a frol do desencanto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario