2013-03-26

Anna Karenina

                Cando un vai ao cine a ver unha versión actual de filmes clásicos, que a súa vez son versións dunha novela consagrada, o fai esperando atopar visualmente algo que non atopara nas outras. Anna Karenina amosa unha historia que en diferentes países, no século XIX, escribiron os máis recoñecidos escritores daquela etapa. No filme eu atopei metáforas sobre a vida que aparecen na posta en escea:
              1. Constantes baixadas e subidas de telón. A vida coma representación, contada en actos teatrais, exposta coma traxedia...
              2. Portas pechándose e abríndose; portas que son eleccións, actos, camiños que se deciden tomar ou que se está obrigado a tomar...

               Se alguén pensa atopar algo novidoso que non o pense; e a pesares de todo a min me gustou. Dura 130 minutos e o vestiario é espléndido. Para min o cine é evasión e "vivir outras vidas, outras realidades".  Mais o que eu diga carece de valor porque, en relación coa actitude que teño fronte ás cousas que teñen que ver con procesos creativos, disfruto de case todo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario