2013-05-31
Hair Studio free
Onte, a miña amiga M., pideume que lle mandara unhas fotografías miñas para facerme uns retoques. Rin moito ao ver os resultados da aplicación que empregou: Hair Studio free. Nalgunhas estaba espantosa pero é bo cun teña a capacidade de rirse dun mesmo... Se queres botar unhas gargalladas, pon a aplicación no teu teléfono.
2013-05-30
O que me importa
O que me importa sobre tódalas cousas, e por ese orden, é a miña filla e logo as persoas que quero por distintas razóns. Xa sei que da a impresión de que me importa todo, que sufro por todo, que empatizo con todo e todos... mais non é así, só padezo polas cousas dos que realmente teño en consideración. Algunhas cousas non son o que parecen: nin sequera a imaxe que os demáis teñen de nós ou nós deles. Sería extraordinario saber o que pensan os demáis e poder meternos nas súas testas pero iso xa apunta a milagre.
2013-05-29
Voltar por pracer
Hai recunchos onde un sempre que volve o fai por e con pracer. Un roteiro fermosísimo é o Cañon del río Lobos onde podemos observar aos voitres e disfrutar dos sabinares. Hai pobos nos que te atopas coma na túa casa. Un exemplo disto é Sepúlveda co engadido de que podes facer excursións polas Hoces del río Duratón. E logo sempre está La Granja de San Ildefonso onde un se da conta de que, antano, os reis escollían ben os lugares onde pasar o verán. Un lugar moi agradable.
2013-05-28
José Ángel Valente
Al norte
de la línea de las sombras
donde todo hace agua, rompientes
en que el mar océano
se engendra o se termina,
y el naufragio inminente todavía
no se ha consumado, ciegamente
te amo.
Texto escrito despois dun infarto e antes dunha operación na clínica de Genolier. Valente no seu Diario define a clínica coma " detestable". Con data do 21 de xulio do 1993.
de la línea de las sombras
donde todo hace agua, rompientes
en que el mar océano
se engendra o se termina,
y el naufragio inminente todavía
no se ha consumado, ciegamente
te amo.
Texto escrito despois dun infarto e antes dunha operación na clínica de Genolier. Valente no seu Diario define a clínica coma " detestable". Con data do 21 de xulio do 1993.
2013-05-25
Peñalara
Roteiro sen moita dificultade. Recomendo non facela cunha intensa calor. O digo por experiencia, para os que, coma min, levan mal as temperaturas elevadas. Moi fermosa a contorna. As fotografías son miñas, coma sempre.
Sentirte coma unha parva
Pasan anos tendo como certo algo que che contan e cando te decatas de que non é verdade, sínteste parva ...
2013-05-24
Camiño da salvación
Abraiame que De Guindos diga que hai un ano estabamos no camiño da perdición e hoxe estamos no camiño da salvación...Pois será verdade.
2013-05-22
Luis Seoane
UN COLOR finisterre, golpeado.
Ojo que sueña el mar,
color mojado.
Un pincel que se hiere,
que hasta rompe a llorar,
y hasta se muere.
Por los caminos de neblina,
violeros,
gaiteros,
perros y santos pordioseros.
Colores
con músicas y danzas de romeros,
playas serias de pescadores.
El cántaro es de amor,
la patata, el pimiento,
la botella y el mozo que lleva la flor.
( La lluvía, sí, pintor,
ese constante
pañuelo popular
que ya lava o deslava su color.)
Quema, distante,
el lar
un canto de emigrante.
Y siempre, en su paleta,
una nostalgia quieta.
Y el mar!
Creo que este poema de Alberti define axeitadamente o que é e transmite a pintura de Luis Seoane. Se alguén coñece unha definición mellor, lle convido a que ma amose.
Ojo que sueña el mar,
color mojado.
Un pincel que se hiere,
que hasta rompe a llorar,
y hasta se muere.
Por los caminos de neblina,
violeros,
gaiteros,
perros y santos pordioseros.
Colores
con músicas y danzas de romeros,
playas serias de pescadores.
El cántaro es de amor,
la patata, el pimiento,
la botella y el mozo que lleva la flor.
( La lluvía, sí, pintor,
ese constante
pañuelo popular
que ya lava o deslava su color.)
Quema, distante,
el lar
un canto de emigrante.
Y siempre, en su paleta,
una nostalgia quieta.
Y el mar!
Creo que este poema de Alberti define axeitadamente o que é e transmite a pintura de Luis Seoane. Se alguén coñece unha definición mellor, lle convido a que ma amose.
2013-05-21
Vaidade
Ademáis do evidente, o anteproxecto de lei de educación LOMCE, é froito - desde o meu punto de vista- da vaidade. Un ministro que soña con que se fale da lei Wert de educación, marcada pola presunción ridícula de ostentar una liña na historia da política de esta Hispania máis ca nunca desvertebrada. Pode ser que estean convencidos de que dirixirán este pais 12 anos máis para poder levar a tódolos tramos educativos esta reforma, na súa totalidade. Se fose así, retiro todo o antedito. A vocación dos políticos, como sabemos, é a eternidade...
2013-05-20
Papeliños
Non parece razoable que a un lle deixen unha mensaxe nun papeliño, inda que a nota sexa agradable, e que o suxeito escribano non se identifique.
2013-05-17
17 de Maio
Como tódolos anos se festexa o día das letras galegas. Unha posible tradución: que é festivo e non se traballa na comunidade galega; outra é que se homenaxea a unha figura que contribueu dalgún xeito no eido literario, teatral, periodístico á nosa cultura...
Mentres que - desde o profundo convencemento de cada quen - non pensemos que a lingua galega está ao mesmo nivel que as outras linguas maioritarias, este día está un pouco baleiro de contido quedando no folklórico, no anecdótico, na festiña dun día. É unha magoa que moitos dos nosos inda non teñan o sentimento de que a lingua lles pertence e que eles tamén son un producto cultural deste idioma, que forma parte da nosa identidade.
Mentres que - desde o profundo convencemento de cada quen - non pensemos que a lingua galega está ao mesmo nivel que as outras linguas maioritarias, este día está un pouco baleiro de contido quedando no folklórico, no anecdótico, na festiña dun día. É unha magoa que moitos dos nosos inda non teñan o sentimento de que a lingua lles pertence e que eles tamén son un producto cultural deste idioma, que forma parte da nosa identidade.
2013-05-15
Celebrar a vida...
Non deperdiciemos un só intre a nosa vida. Celebremos que vivimos, que o noso corpo inda sinte, que se suceden os solpores, que cremos ollar unha liña do horizonte desbibuxada, que amamos, que gozamos das cousas sinxelas, que estamos aquí porque a vida é un regalo e temos a obriga de vivila do mellor xeito posible. Celebremos a vida: a dos demáis, a túa e a miña.
2013-05-14
A cultura castrexa
Se tivese que decidir que se lése un manual sobre cultura castrexa elixiría o de Francisco Calo Lourido publicado en Edicións A Nosa Terra. O Calo Lourido que coñecín, hai tantos anos, non deixaba indiferente a ninguén e tamén algunha cousa me insinou... Así son algúns mestres; doutros non se poden dicir estas cousas porque non aprendes grandes cousas deles.
2013-05-13
Todo OK
A cabeza cosida por tres zoas distintas mais todo está ben. Esperando os efectos da desaparición da anestesia...
2013-05-10
Por fin
Por fin, me operan o luns... Por un lado estou contenta porque me saco isto do medio pero me fastidia porque vou ter que deixar de facer outras cousas. Como me acaban de avisar non sei como me vou organizar... Todo chega inda que sexa tarde. A partir de agora: parcheándonos. E agora poño un amplo sorriso e chisco un ollo.
2013-05-07
Indicios
Se calquera de nós, o común dos mortais, cometera un delito de carácter económico e só houbese indicios delo estaríamos, de seguro, imputados. A facenda pública estaría detrás de nós ata que nos atopase e pagasemos as nosas débedas; senón fora así entraríamos na cadea. Supoño que debería dicir encausados xa que o ministro de Xustiza estase a poñer estupendo e quere lexislar sobre cuestións de tipo semántico... Os cidadáns xa sabemos que lle adica tempo e traballo pleno ao que nos importa realmente. Cambios do máis eficaz. Que tropa!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)