Como tódolos anos se festexa o día das letras galegas. Unha posible tradución: que é festivo e non se traballa na comunidade galega; outra é que se homenaxea a unha figura que contribueu dalgún xeito no eido literario, teatral, periodístico á nosa cultura...
Mentres que - desde o profundo convencemento de cada quen - non pensemos que a lingua galega está ao mesmo nivel que as outras linguas maioritarias, este día está un pouco baleiro de contido quedando no folklórico, no anecdótico, na festiña dun día. É unha magoa que moitos dos nosos inda non teñan o sentimento de que a lingua lles pertence e que eles tamén son un producto cultural deste idioma, que forma parte da nosa identidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario