2013-05-07
Indicios
Se calquera de nós, o común dos mortais, cometera un delito de carácter económico e só houbese indicios delo estaríamos, de seguro, imputados. A facenda pública estaría detrás de nós ata que nos atopase e pagasemos as nosas débedas; senón fora así entraríamos na cadea. Supoño que debería dicir encausados xa que o ministro de Xustiza estase a poñer estupendo e quere lexislar sobre cuestións de tipo semántico... Os cidadáns xa sabemos que lle adica tempo e traballo pleno ao que nos importa realmente. Cambios do máis eficaz. Que tropa!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario