2014-12-31
2014-12-29
A túa imaxe
A túa imaxe, melancólica,
no cristal como un debuxo
en dúas pinceladas,
borrada pola chuvia,
é a imaxe dun neno que mira cara adentro
bailando cos seus recordos
no cristal como un debuxo
en dúas pinceladas,
borrada pola chuvia,
é a imaxe dun neno que mira cara adentro
bailando cos seus recordos
e co que quixo ser ...
2014-12-23
Galletas
Con estas galletas tan apropiadas para este tempo de Nadal despedímonos do blogue por esta tempada . As fixo a miña filla cun amigo nun obradoiro de repostería. Ata o vindeiro ano.
2014-12-22
Botar de menos no Nadal
Din que no Nadal bótase moito de menos aos que xa non están connosco; dinno como se ese sentimento se metamorfosease en amplificación nestas datas. Eu non participo desa sensación: sempre estou a botar de menos aos mesmos, coa mesma intensidade, tódolos días da miña vida, porque foron e son fundamentales no meu periplo vital.
2014-12-20
Momentos máxicos.
As celebracións entorno á comida son fantásticas e as sobremesas con guitarra, trompeta ... e voces dan momentos máxicos impagables.
2014-12-18
2014-12-17
Hoxe
Hoxe estiven tomando café con Alfredo, mestre meu no tramo dos dez aos catorce anos, e cun amigo común de ámbolos dous, Gonzalo. Todo foi moi agradable. Eles comparten a tese de que un matrimonio dura se non se ve moito á parella e desde a bancada feminina pénsase o contrario. Supoño que ser home ou muller tamén condiciona, moito máis do que se pensa, a análise da realidade.
2014-12-15
A dor allea
A dor allea a percibo con certa tristura pero enfrontarse á dor dun fillo, e non saber ben que facer ou dicir, é terrible.
2014-12-13
Cartas
Neste intre acabo de escribir dúas cartas, unha para Italia e outra para Lugo. Dúas cartas de felicitación para o Nadal, un xesto antigo mais romántico en certo senso. Do que estou segura é que quenes reciben estas misivas, estarán ben contentas. Teño que empezar co correo electrónico mais non sei cando. Fora vai frío e chove.
2014-12-12
2014-12-11
2014-12-10
A vida ...
Hoxe, falando cunha das persoas que máis quero, dicíame que a súa vida non é nin por asomo o que ela pensaba. Pode que o que un estea a vivir non se semelle a nada do que un se plantexa nun primeiro intre pero está nas nosas mans cambialo.
2014-12-09
Ceas
Neste mes de decembro temos multidude de ceas ... Este ano tamén me toca a min e estou desexando que chegue o 19. Estou segura que o pasarei moi ben cos meus compañeiros de música e cos mestres. Cea de adultos, por suposto.
2014-12-08
Política
Quero pensar que inda hai xente que, a pesares que se adiquen á actividade política, teñen dúas cualidades que eu valoro sobre tódalas cousas nas persoas: honradez e coherencia. Ista é a reflexión dunha persoa desencantada na actualidade - coa política en xeral- e que noutro tempo estaba comprometida cun ideario político definido. E quedou niso: ideario.
2014-12-07
2014-12-06
Sinto
Sinto, no profundo, esa "desesperación" polo que non aconteceu e quizáis noutro tempo puido ocorrer: percorrido por dous corpos espidos, engaiolados neles mesmos. Eu, enriba de ti ...
2014-12-04
O fascinante ...
Se todo o que aparece a traverso de canles coma ista fora certo, algunhas persoas resultarían absolutamente fascinantes. Mais como non o sabemos, todo pode ser susceptible de seres razoablemente dubidable ...
Hoxe decateime de que alguén que coñezo segue o que escribo noutro foro e se está a facer unha idea sobre o que son na realidade que, no mellor dos casos, non é. En fin, as ficcións para min seguen a ser marabillosas, universos desodeados por explorar.
2014-12-02
Rematando ...
O ano vai rematando e aquí sigo, cada vez enchéndome máis de tarefas novas a miña vida ... Ao vindeiro ano só debo pedirlle saúde para os meus e algunha que outra cousa que non vou a dicir porque dese xeito xa saberíades tanto coma min.
2014-11-30
2014-11-29
2014-11-27
2014-11-24
2014-11-23
2014-11-22
Falar ...
DO QUE NON SE SABE MELLOR NON FALAR. Ista debera de ser unha máxima que tería que aplicarse a maioría dos que van por tódolos medios de comunicación falando sobre todo, cando non saben de case nada.
2014-11-21
O meu
Sempre dixen que non estaba preparada para falar da miña vida, de cousas íntimas relacionadas co meu ... Hoxe puiden comprobar que isto segue como un rasgo definitorio meu; hoxe non souben reaccionar con naturalidade ao ter que dar unha explicación sobre o o que me acontecía en relación coa miña "saúde".
2014-11-19
Quero saber
DIME PRONTO el secreto de tu existencia;
(...)
Quiero saber si es puente de hierro o es anhelo,
esa dificultad de unir dos carnes íntimas,
esa separación de los pechos tocados
por una flecha nueva surtida de lo verde.
(...)
Vicente Aleixandre: La destrucción o el amor.
(...)
Quiero saber si es puente de hierro o es anhelo,
esa dificultad de unir dos carnes íntimas,
esa separación de los pechos tocados
por una flecha nueva surtida de lo verde.
(...)
Vicente Aleixandre: La destrucción o el amor.
2014-11-18
2014-11-17
2014-11-16
Ela ...
Ela segue a pensar o mesmo que hai tres anos, cando o seu sorriso e o seu ollar a facían máis feliz ...
2014-11-09
Federico ...
TÚ NUNCA entenderás lo que te quiero
porque duermes en mí y estás dormido.
Yo te oculto llorando, perseguido
por una voz de penetrante acero.
(...)
LORCA: " El amor duerme en el pecho del poeta".
porque duermes en mí y estás dormido.
Yo te oculto llorando, perseguido
por una voz de penetrante acero.
(...)
LORCA: " El amor duerme en el pecho del poeta".
2014-11-08
Coidado
COIDADO SI; hai que ter coidado co que facemos, co que dicimos, co que pensamos, co que sentimos, co que soñamos ... Mais co que hai que ter máis coidado é no que nos convertimos. Ser consecuente co que se pensa é, cando menos, unha tarefa que está sempre por facer. A coherencia pasa sempre factura pero un consigo mesmo vive mellor.
2014-11-07
Cambios?
Non sei se que hoxe imputaran a Infanta dá a medida de que algo neste país está a cambiar. Oxalá isto sexá así tamén no que respeita á política: todo cheira a podredume e non sei como rematará todo ... Sei como me gustaría que acabase: todos os que cometan delitos na cárcere.
2014-11-06
2014-11-02
Roma
ROMA comenza cando a torre dos recordos vai ata o caudal sanguineo; porque Roma é iso: a forma do comenzo das sinais que fragmentada na memoria se atopa en min.
2014-10-30
A cadratura do círculo
Esta entrada non ten moito senso por ela mesma; falemos de que hai números que prefiro a outros e o 16 é un deles. Semella que estou na busca da cadratura do círculo.
Miña nai sempre dicía que o meu número era o nove e desde entón teño preferencia polos números que rematen nel.
Miña nai sempre dicía que o meu número era o nove e desde entón teño preferencia polos números que rematen nel.
2014-10-29
2014-10-28
Luz vertical
A luz vertical caía sobre as pedras e, no solpor, o alicerce dos meus soños aferrábase ao terruño indefinible das ficcións ...
2014-10-26
2014-10-22
2014-10-21
2014-10-20
Rebumbio
Entre o rebumbio das voces afogadas non atopo a túa nin a miña ... Os sons das follas das ramas deste outono están murchando, en tránsito, cara ao esquecemento.
2014-10-19
2014-10-15
Mijail Pletnev
Pletnev, coma poucos, sabe transmitir o lirismo das composicións de Chopin; o seu lirismo e algo máis, indescriptible e indefinible, que en min produce unha fervenza de sentimentos pola que transitan outras ficcións ...
2014-10-12
Agasallo ...
Se o mundo che ofrece o que cres que queres, rexeita as súas gangas ... O tempo non será endexamais derrocado por ti e canto máis tempo posúes menos queda ...
Non acado mellor agasallo que o do mar, tan só nuns breves intres da miña existencia e da túa tamén ...
Non acado mellor agasallo que o do mar, tan só nuns breves intres da miña existencia e da túa tamén ...
2014-10-08
2014-10-07
2014-10-05
2014-10-02
Abur
Acaba de chamarme a miña mestra de música para dicirme que marcha da escola. A verdade é que estou realmente triste pola súa marcha pero ao mesmo tempo contenta por ela porque mellora no eido laboral. A verdade é que sempre marchan os mellores e que sempre nos acordaremos deles. A verdade é que cando hai sentimentos de por medio, este tipo de perdas lévanse fatal... Hoxe, no meu corazón, habita un ceo cincento ...
2014-10-01
2014-09-29
Cita
Hoxe fun pedir unha cita médica e xa teño consulta mañá. Nunca me derán unha cita tan pronto; unha prefiriría ter unha cita doutro estilo ...
2014-09-27
Dáme a túa man ...
Dáme a túa man, tomando a miña, e lévame a habitación onde transitan os antesoños de antonte, os agarimos de hoxe e as ilusións no alén ...
2014-09-25
2014-09-24
Preguntas
Gustaríame facerlle algunha pregunta e ter respostas sinceiras mais, de seguro, que non as farei; non acontecerá iso porque no fondo prefiro a resposta imaxinada, ficcionada e positiva que sempre rolda na miña testa.
A repetición da repetición ...
Algunhas veces fico pensando que académicamente só interesa que os fillos acaden boas notas e que se plasme, unha e outra vez, a listaxe dos reis visigóticos nun papel. Non serei eu quen diga que as actividades vencelladas a memoria non sexan importantes pero ten que haber algo máis: fomento de habilidades, de valores; aprender que na vida non só existen dereitos, senón que tamén hai deberes; e sobre todo que se formen persoas que se atrevan a pensar e todo o que isto implica ... Creo firmemente que non pasa nada porque non se dean algúns contidos porque en calqueira momento somos quen de aprender calquera cousa.
Outra reunión na escola, as mesmas queixas e eu un pouco máis alonxada do parecer común a respeito da actividade educativa. Que difícil o teñen os mestres! Sempre andamos na repetición da repitición ...
2014-09-22
2014-09-21
Case me amabas ...
Alma celeste para amar nacida.
Espronceda.
Casi me amabas.
(...)
Sí, sí, me amaste sobre los brillos, fija,
final, extática. El mar inmóvil
detuvo entonces su permanente aliento,
y vi en los cielos resplandecer la luna,
feliz, besada, y revelarme el mundo.
Vicente Aleixandre: Sombra del paraíso.
Espronceda.
Casi me amabas.
(...)
Sí, sí, me amaste sobre los brillos, fija,
final, extática. El mar inmóvil
detuvo entonces su permanente aliento,
y vi en los cielos resplandecer la luna,
feliz, besada, y revelarme el mundo.
Vicente Aleixandre: Sombra del paraíso.
2014-09-19
Nesta noite ...
Nesta noite chuviosa, xa lonxe de ámbolos dous, dou un chimpo de repente ... Son dúas portas abríndose, pechándose; dúas portas que co vento van e veñen, tras de ti e tras de min...
2014-09-18
2014-09-16
O irreal
Busco en cada verba, en cada xesto, en cada ollada o irreal do teu envoltorio e a verdade da túa alma ...
2014-09-15
A perda dos que amamos
Ninguén dixo que a vida fose doada case sempre. Ninguén dixo que a vida é como a plantexamos e que dependa na súa totalidade do voluntarismo, do desexo en acadar algo, de ... Poucas persoas nos lembran que somos seres para a vida e seres para a morte. Mais na vida de cada quen, ás veces, suceden episodios tráxicos e imprevisibles e as persoas as que amamos cruzan na barca ao outro lado do río... A perda dos que amamos non é asumible nunca.
2014-09-13
2014-09-11
Amor
Amor,
invencible na batalla,Amor, que te precipitas en medio das feras,
que te aloxas nocturnamente nas meixelas da rapariga
e vas e ves (...);
ninguén de ti fuxe,
nin entre os inmortais,
nin entre os homes efémeros.
Quen te posúe, queda louco.
(...)
SOFOCLES: Antígona.
2014-09-09
2014-09-08
O voluntarismo
Hai anos alguén me dixo que querer ou non a outro dependía tan só da súa vontade. Oxalá puidese suceder iso: deixar de querer a alguén ou ben amalo por puro voluntarismo. Creo que ese mecanismo é máis irracional do que moita xente pensa, polo menos no que a miña persoa respeita. Se todo se reducise a pura vontade resolveríamos mellor todas as situacións da nosa vida e sufriríamos menos. E a pesares de todo, prefiro estar mergullada nese mar ferido de dúbidas de ... bendita irracionalidade.
2014-09-07
Xente xenerosa
Hoxe estiven cunha persoa marabillosa que ten moito que ver coa formación académica da miña filla. Hoxe foi xenerosa con nós porque nos agasallou co seu tempo de lecer para axudarnos a escoller un instrumento. Hoxe estou agradecidísima porque non todo o mundo ten este tipo de atencións cun alumno.
Hoxe ...
Hoxe ...
2014-09-06
Pesas
O meu fervello levaba tempo insistindo en que collese as pesas que andan pola casa e fixese exercicio. Onte o fixen i ela sentenciou: " (...) estás oxidada." E ten razón. Moitas gargalladas, por suposto.
2014-09-05
Intereses
Co paso dos anos decátome de que, cada vez, a procura dos meus intereses é máis limitada: moitos dos asuntos que antes me fascinaban xa non importan case nada; o grupo de persoas coas que me gusta ter relación vai minguando; as aficcións cada vez máis reducidas ... mais, o pouco co que disfruto, faime realmente sentirme ben.
2014-09-04
2014-09-02
Esa porta ...
Esa porta non abre cara a ningún retorno mais está a punto de abrirse na parede final do mesmo soño; esa porta non é pregunta; é sentenza de chumbo ...
2014-08-26
2014-08-25
Na casa
De novo na casa para facela intendencia e ocuparme das mascotas. Debín levalas comigo de vacacións mais non o fixen ... E o feito xa está feito.
2014-08-17
2014-08-07
2014-08-06
Sexta poesía vertical
(...)
No entiendo la distancia.
La última comprobación es el espacio absurdo
que divide en dos vidas
tu existencia y la mía.
No entiendo la distancia.
La última comprobación es el espacio absurdo
que divide en dos vidas
tu existencia y la mía.
Occidente
Coma sempre Occidente mira para outro lado e non se manifesta ata que os problemas lle poden alcanzar. Neste intre, despois de máis de 900 mortos, milleiros de infectados e expansión da enfermidade, coménzase a mirar cara a África e observar con medo ao ébola. Pero non nos equivoquemos, isto se fai para protexer ás nosas sociedades; os outros importan menos ...
2014-08-05
2014-08-04
2014-08-02
A chave
Caín nun fondo infinito
a traverso do tempo e de tódalas idades,
caín nun remuiño de adiviñas
que están por descifrar ...
(...)
Dáme a chave dos teus soños pechados,
a traverso do tempo e de tódalas idades,
caín nun remuiño de adiviñas
que están por descifrar ...
(...)
Dáme a chave dos teus soños pechados,
dáme a chave do teu naufraxio ...
2014-07-24
Voces proféticas
Estiven ausente no camiño desértico das emocións, cando xa non estabas eiquí. O estiven, do mesmo xeito, cando os meteoritos caían enriba de nós; quizáis devastadores ás veces ... Entón, ese sentimento facía que o universo se desdibusaxe, cando o teu ollar non chegaba a ser latexo febril - latexo lunar - no meu ceo ... E, de súpeto, chegaron as voces proféticas que se converteron en constelacións e ti no meu derradeiro e único tesouro.
2014-07-23
2014-07-22
Parar o tempo
Parei o tempo interminablemente longo, da vida interminablemente breve ... ata chegar a ti.
2014-07-21
Suscribirse a:
Entradas (Atom)