Onte, no Pazo de Congresos de Compostela, compartín coa miña pequena a experiencia de escoitar o concerto de Ferrarini e Battigelli. A primeira parte estaba formada por pezas clásicas de Haendel, Verdi, Donizetti, Debussy entre outros; logo, na segunda parte, repertorio de Rota. As emocionais experiencias compartidas, cando estás ao lado de quen máis te importa, son fantásticas.
2014-03-30
2014-03-28
Sempre ...
Sempre é máis doado botarlle a culpa aos demáis do que nos acontece que asumir responsabilidades propias.
2014-03-26
O que pensen os demáis...
A estas alturas da miña vida pouco importa o que os demáis pensen do que, como, cando, onde faga cousas ou accións que teñen que ver co meu. A vida é demasiado curta para preocuparse disto; renunciar a case todo polos demáis é un erro que logo, co tempo, verbalizamos nun fondo laio.
2014-03-25
Funerais presidenciais
Hoxe, e parece ser que onte e nantonte, estamos a asistir ao pasamento do presidente Suárez retransmitido en tódalas canles. ( Digo parece porque vexo pouca televisión.) É certo que España sempre foi desmemoriada pero o que máis sorprende é que os que, noutro tempo, foron desleais, críticos, malidicentes e/ou traidores... hoxe din loubanzas sobre el e sobre o periodo histórico no que lle tocou gobernar.
Sempre desmemoriados.
Sempre desmemoriados.
2014-03-23
Salvación polo corpo
(...)
Afán, afán de cuerpo!
Querer vivir es anhelar la carne,
donde se vive y por la que se muere.
Se busca oscuramente y sin saberlo
un cuerpo, un cuerpo, un cuerpo.
(...)
Pedro Salinas, Salvación por el cuerpo.
Afán, afán de cuerpo!
Querer vivir es anhelar la carne,
donde se vive y por la que se muere.
Se busca oscuramente y sin saberlo
un cuerpo, un cuerpo, un cuerpo.
(...)
Pedro Salinas, Salvación por el cuerpo.
2014-03-22
TI E MÁIS EU
(...)
Falemos de ti e min
xa que vivimos.
Ti i eu nos ventos
e nos solsticios.
Ti i eu nos bosques
e nos ríos.
Ti i eu, historia
de corpos nidios.
Ti i eu, saudade
de álbores íntimos.
Ti i eu sin tempo
polo que imos.
(...)
CELSO EMILIO FERREIRO : Longa noite de pedra.
Falemos de ti e min
xa que vivimos.
Ti i eu nos ventos
e nos solsticios.
Ti i eu nos bosques
e nos ríos.
Ti i eu, historia
de corpos nidios.
Ti i eu, saudade
de álbores íntimos.
Ti i eu sin tempo
polo que imos.
(...)
CELSO EMILIO FERREIRO : Longa noite de pedra.
2014-03-20
Sexo
E se reduciramos o sexo a unha medida? Podería ser a metade desexo e a metade amor? Máis desexo que amor? Máis amor que desexo?
Paul Gauguin. La luxure, 1890.
2014-03-18
Días de ...
No tempo en que nos tocou vivir hai días de... para todas as circunstancias, persoas, causas, estilos de vida, etc. Logo, atopamos -por todas partes- anuncios que nos invitan a consumir en tan sinalados días e asumimos que esta comercialización dos afectos forma parte do ritual. Na véspera do día do pai escribo estas liñas porque quero salientar que o único importante é que celebremos, todos os segundos, a vida que a cada quen lle tocou ou/e quixo vivir. Unha celebración sinxela, sen grandes festexos, parándonos a ver noso arredor sorrindo, sempre sorrindo.
2014-03-17
Sabes e sei que ...
Sabes que eu estaría leda se ti o estiveses; que te desexo todo o bo porque ti fuches o mellor que aconteceu no tempo de Chopin; que sempre vin en ti a ese outro, fermosísimo, mergullado no fondo e morno mar, asulagado de intencións e tentativas...
2014-03-16
2014-03-15
Praia de quenxe
Xuntanza de persoas moi divertidas co pretexto de comer cocido. A verdade é que o pasei moi ben. O local ten unhas vistas estupendas e os donos son moi agradables.
2014-03-14
Fisterra
Esta fin de semana pensaba achegarme a Fisterra e hai unha hora invitan a comer un cocido nun pobo a 12 kilómetros do fin da terra. Algunhas veces atopámonos con que o destino fai unha dobre pirueta e sae ben ... Hai que aproveitar o bo tempo que temos antes de que volte a choiva.
2014-03-13
Xulgar aos demáis
Só cando un é xeneroso xulgando aos demáis está máis conforme consigo mesmo... Observar o que nos arrodea de xeito positivo é un pequeno motorciño que nos impulsa a seguir se se nos pechan as portas, se no camiño percorrido hai algunhas fochancas, se non temos claro que dirección coller... Valorar, desta maneira, á xente para min supón estar na procura do mellor de cada individuo; iso que outros non ven e que eu vexo porque teño fe...
2014-03-12
2014-03-10
Serrat
Estes días revisito a Serrat e como sempre fascíname a canción Sinceramente tuyo (1983) porque é toda verdade. Este tema sirveulle para bautizar un insólito disco en portugués ( Sinceramente teu, 1986) co que Serrat tentou introducirse no mercado brasileiro.
Os bos
Cando algúns son bos, o son moito ... e raian a excelencia. Hai que recoñecer -sempre- as virtudes do contrario e as dos nosos.
2014-03-09
Lograr decatarse ...
Podemos ir moitas veces a un lugar e non decatarnos do que hai diante, inda que teña certa familiariade para nós; podemos voltar e, só a traverso dun enorme cartel, ver que sempre estivo aí. Algúns, para algunhas cousas, temos unha profunda cegueira ...
A muller estaba espida ...
LA MUJER estaba desnuda.
Llegó un hombre,
descendió a su sexo.
Desde allí la llamaba
a voces cóncavas,
a empozados lamentos.
Pero ella
no podía bajar
y asomada a los bordes sollozaba.
Después, la voz, más tenue
cada día,
ya se iba perdiendo en remotos vellones.
La mujer sollozaba.
Tendió grandes pañuelos
en las lámparas rotas.
Vino la noche.
Y la mujer abrió de par en par
sus inexhaustas puertas.
J. A. VALENTE: Breve son.
2014-03-07
Galipedia
Ista é unha versión en Galego da Wikipedia. Moi recomentable se se quere facer consultas no noso idioma.
2014-03-06
2014-03-04
A mellor sensación do mundo....
Cal é a mellor sensación do mundo?
Supoño que a resposta ten que ver cunha definición que eu emprego sempre ao falar da opinión: cada un ten a súa. Para algúns será comer e/o beber algo saboroso; para outros ser recoñecidos e admirados polos demáis; uns a obterán de acumular riquezas... Para min, a mellor sensación do mundo é que alguén, nalgún intre, me desordene ...
Supoño que a resposta ten que ver cunha definición que eu emprego sempre ao falar da opinión: cada un ten a súa. Para algúns será comer e/o beber algo saboroso; para outros ser recoñecidos e admirados polos demáis; uns a obterán de acumular riquezas... Para min, a mellor sensación do mundo é que alguén, nalgún intre, me desordene ...
2014-03-03
Fronte ao espello
En un abrir y cerrar de ojos
ya no estarás en donde estabas:
un triste viejo está mirándote
con qué terror desde su cara.
Mirándote ávido y mirándote
mientras la luz te da en su cara:
en un abrir y cerrar de ojos,
ni tú, ni él, ni nada.
Eliseo Diego: A través de mi espejo.
ya no estarás en donde estabas:
un triste viejo está mirándote
con qué terror desde su cara.
Mirándote ávido y mirándote
mientras la luz te da en su cara:
en un abrir y cerrar de ojos,
ni tú, ni él, ni nada.
Eliseo Diego: A través de mi espejo.
O que me peta....
Sería estupendo facer o que a un lle peta mais, coma a maioría dos mortais, estamos obrigados a facer certas cousas - iso ao que se lle chama deber, por exemplo-. Agardo poder facer o que me peta un día distes ... Facer o que me peta e disfrutar co que me gusta. E incluso pode que o consiga ...
2014-03-02
Haru
Un pracer visionar The cat returns ou o que ven sendo en Castelán Haru en el reino de los gatos. Coma sempre o Studio Ghibli fai filmes fermosísimos.
2014-03-01
Eu tamén ...
Eu tamén, no caderno de bitácora, atopei unha saída cuios perfís ás veces eran lenes mais outras eran desbibuxados ...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)