2014-03-18

Días de ...

                No tempo en que nos tocou vivir hai días de... para todas as circunstancias, persoas, causas, estilos de vida, etc. Logo, atopamos -por todas partes- anuncios que nos invitan a consumir en tan sinalados días e asumimos que esta comercialización dos afectos forma parte do ritual. Na véspera do día do pai escribo estas liñas porque quero salientar que o único importante é que celebremos, todos os segundos, a vida que a cada quen lle tocou ou/e quixo vivir. Unha celebración sinxela, sen grandes festexos, parándonos a ver noso arredor sorrindo, sempre sorrindo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario