2015-01-10

Europa, Europa ...

                Europa conmocionada polo acontecido estos días en Francia; Europa abraida pola fraxilidade que ela encerra en si mesma; Europa agochada en discursos difusos para propiciar a millor das convivencias; Europa asolagada por sentimentos contradictorios; Europa perdendo a perspectiva polo acontecido ...  Posiblemente outros asasinos voltarán a actúar en nome dalgún credo, en nome dalgún deus, en nome da lei que dictou a divinidade e que interpretan os homes ... E despois de 53 horas de terror, a resaca despois do medo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario