Un mito erótico coma Sara Montiel finou onte. Claro que foi puro erotismo nunha época na que España estaba baixo a dictadura e todo era represión. A rotundidade das súas curvas levantaban paixóns e con seguridade as mentes masculinas ou femininas imaxinaban que estaban con ela cando outra se atopaba ao seu carón.
Este pasado venres tamén finou Bigas Luna: Un director de cine do que algúns pensarán que fixo filmes eróticos mais eu creo que foi máis aló. En Las edades de Lulú supoño que ningunha actriz española faría o papel de Francesca Neri naquelas datas, e nalgúns outros dos seus filmes, só os seus actores se podían agarrar los cojones dese xeito.
Pero non nos enganemos o órgano sexual máis potente é a cabeza. E todos sabemos o que iso significa.
2013-04-09
2013-04-08
Alonso Montero
Onte oíndo a radio, Alonso Montero ía dar unha entrevista en relación coa situación actual da R.A.G. mais empezou falando doutras cousas. Dixo unha verdade como un mundo, inda que algúns estarán escandalizados: Bárcenas é o máis honrado porque por riba de el todos son peores. Eu rin moito ata que me din conta do que realmente estaba dicindo. Nunca pensara isto deste xeito e ten toda a razón. Algúns con 86 anos analisan a realidade mellor ca outros con menos.
2013-04-07
Cantigas de maldizer
En contra do que din un sector dos opinadores profesionais, creo que as institucións e as persoas que forman parte delas merecen, cando menos, que se lles fagan unhas cantigas de maldizer. Por que non nas ímos a criticar cando nós, os cidadáns que pagamos impostos, enfrontámonos á máis absoluta opacidade e escoitamos tódolos días un rosario de mentiras? Facer isto, segundo eles, dinamitará todo e por iso deberíamos estar caladiños... Gustaríame, que algunha vez, os que se adican ao público se se lles collese mentindo fosen expulsados da función pública como acontece noutros paises. Agora andan argallando unha lei de transparencia que sospeito que non servirá de moito... Un día instaleime no reino de escepticismo e aí continúo aloxada.
2013-04-05
The Jesus and Mary Chain
Estou a escoitar nestes intres a The Jesus and Mary Chain, rompéndolle os ouvidos aos meus veciños que son uns santos, e lembrando por que me gustaban tanto. A verdade é que foi unha sorte ter amigos de adolescencia que escoitaban outro tipo de música e que cha amosaban con paixón e tolería xuvenil...
2013-04-03
2013-04-02
Compañeiro de viaxe e de vida
A un compañeiro de viaxe e de vida o que se lle pide é que sexa amigo, cómplice, acompañante, amante, que morran por un e que morran sen un, e sobre todo que nos faga feliz... A un compañeiro de vida o que se lle pide é que sinta apaixonamento por un e por tódalas cousas que nos importan... Xa se sabe, o amor é unha forma de loucura.
Non creo que haxa un número determinado de compañeiros que teñan que pasar polas nosas vidas. Cada un terá os que necesite, os que poda, os que quera... Eu tiven dous compañeiros: unha historia que durou dous anos e outra que xa dura máis de dúas décadas. Entón, por que escribo todo isto? O escribo para recoñecerlles que, a pesares dos momentos malos, me fixeron moi feliz, case sempre.

2013-04-01
Terenci Moix
Hoxe, de madrugada, na TVE 2, emitiron unha reportaxe sobre a vida e a obra de Terenci Moix. O adolescente dunha barriada barcelonesa, na época de posguerra, no cine, ollando nesa fiestra outros mundos, outras culturas... A persoa que entendía a vida coma diversión, tanto que o acusaban de frivolidade; algo que non podía ir ligado á imaxe de escritor serio. O individuo que nunca escondeu o que era mais non facía bandeirola delo. O home apaixonado por Exipto...
Na miña vida hai momentos nos que Terenci me facía moi feliz:
- Aquelas tardes nas que participaba no programa de Gemma Nierga, La ventana, eran fantásticas. Sempre esperando aqueles programas que eran puro entretenemento e do que sempre aprendías algo.
- Esa frivolidade súa que era unha invitación á vida, a pasares un rato divertido.
- A súa literatura, case cinematográfica no visual e doada de ler no formal. Lembro unha novela súa que Marco A. leía preto do meu ouvido naquelas noites primaverais... e que lida por outro semellaba máis fermosa.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)