Hoxe, de madrugada, na TVE 2, emitiron unha reportaxe sobre a vida e a obra de Terenci Moix. O adolescente dunha barriada barcelonesa, na época de posguerra, no cine, ollando nesa fiestra outros mundos, outras culturas... A persoa que entendía a vida coma diversión, tanto que o acusaban de frivolidade; algo que non podía ir ligado á imaxe de escritor serio. O individuo que nunca escondeu o que era mais non facía bandeirola delo. O home apaixonado por Exipto...
Na miña vida hai momentos nos que Terenci me facía moi feliz:
- Aquelas tardes nas que participaba no programa de Gemma Nierga, La ventana, eran fantásticas. Sempre esperando aqueles programas que eran puro entretenemento e do que sempre aprendías algo.
- Esa frivolidade súa que era unha invitación á vida, a pasares un rato divertido.
- A súa literatura, case cinematográfica no visual e doada de ler no formal. Lembro unha novela súa que Marco A. leía preto do meu ouvido naquelas noites primaverais... e que lida por outro semellaba máis fermosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario