2013-04-02

Compañeiro de viaxe e de vida

                A un compañeiro de viaxe e de vida o que se lle pide é que sexa amigo, cómplice, acompañante, amante, que morran por un e que morran sen un, e sobre todo que nos faga feliz... A un compañeiro de vida o que se lle pide é que sinta apaixonamento por un e por tódalas cousas que nos importan... Xa se sabe, o amor é unha forma de loucura.
                Non creo que haxa un número determinado de compañeiros que teñan que pasar polas nosas vidas. Cada un terá os que necesite, os que poda, os que quera... Eu tiven dous compañeiros: unha historia que durou dous anos e outra que xa dura máis de dúas décadas. Entón, por que escribo todo isto? O escribo para recoñecerlles que, a pesares dos momentos malos, me fixeron moi feliz, case sempre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario