Esta mañá, tódolos xornais traian artigos sobre Gabriel García Márquez e todos recollían lembranzas de persoas que o coñeceron, que compartiron o seu tempo... A min gustóume especialmente o que foi escrito por Alessandro Baricco. Penso que, como el suscribe, lendo a García Márquez descúbrese:
" (...) que os sentimentos poden ser repentinos, as paixóns devastadoras, as mulleres infinitas; que os arrecendos non son inimigos, as ilusións non son erros, e o tempo, se existe non é lineal: son tódalas cousas que non me deron como dotación cando me enviaron a vivir."
No hay comentarios:
Publicar un comentario