2015-03-31
2015-03-30
2015-03-23
2015-03-21
2015-03-20
2015-03-14
Fuxida ...
Non, non eras o río, eras fuxida de camiño cara ó norte ... Xa non podía confundirte co murmurio do vento, e lonxe das cidades fincabas as túas raigames en lugares santos. Ninguén, ninguén te coñece, Amor, cando chegas loitando polo mar transitorio, impetuoso mar de ondas furiosas como os beixos.
2015-03-13
A traverso das túas lentes ...
A traverso das túas lentes, na parada 11, o mundo era perfecto ... para min mais non para os demáis. A vida era percibida co ese enorme sorriso da xuventude primeira que te envolvía. Pero achegáronse as mareas vivas e, dalgún xeito, todo se esvaeceu agás o latexo que en min achabas.
2015-03-10
A túa forma.
Día,
noite,
ondas antigas, fuxitivas, perpetuas,
mar ou terra,
navío,
cama,
metal,
música,
bicos,
silencio...
a túa forma.
noite,
ondas antigas, fuxitivas, perpetuas,
mar ou terra,
navío,
cama,
metal,
música,
bicos,
silencio...
a túa forma.
2015-03-09
2015-03-07
Cando nada importe ...
Sempre, na vida de cada quen, hai un intre no que o ser humano sabe que cando verbalizamos " cando nada importe ..." significa o principio do fin.
2015-03-06
2015-03-04
2015-03-02
Día a día ...
Coa vertixe de ollar cara arriba, co teu amor que se acende de súpeto, coa túa pel cubrindo as miñas costas no medo, na ledicia, no tempo, na mágoa, nas caricias, nas ficcións ... fas día a día que a soedade na que habito estea tinguida de cores , estea chea de ti.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)