A dor que sinten os familiares dos mortos no accidente de tren en Compostela debe ser infinita. Non hai nada nin ninguén que poda diminuir a pena, a tristura, o abatemento....As imaxes do descarrilamento son espantosas e nos dan unha idea clara do que alí aconteceu. As imaxes de todos os que puideron axudar, é un termómetro que pon en valor que o xénero humano, ante acontecementos terribles, saca o mellor de si mesmo. Demasiada dor...
No hay comentarios:
Publicar un comentario